As cotizacións dos becerros na Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse pola importante suba nos becerros de recría, até un 25% máis con respecto á semana anterior no caso dos de raza Frisoa e menor, aínda que tamén importante, no caso dos de cruce industrial. Os prezos quedaron do seguinte xeito:
Sen cambios nas mesas de prezos de galiñas, ovos e coello
Nas mesas de prezos as cotizacións medias das galiñas e os ovos quedaron igual que a pasada semana. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,33 € a ducia para a categoría L; 1,31 para a M, e 1,14 € a ducia para os de clase S.
Nos coellos as cotizacións mantivéronse sen cambios, nos 1,50 €/kilo.
Párase a suba dos prezos do porco cebado e dos bacoriños
En canto aos leitóns, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou manter os prezos da semana pasada, poñendo fin a varias semanas de suba consecutiva. Deste xeito, as cotizacións quedaron nos 56 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 51 € para os procedentes de varias.
En canto ao porco cebado, acordouse tamén manter os prezos sen cambios. Nos principais mercados europeos, Alemaña e Holanda, os prezos evolucionaron á baixa.
Os prezos quedaron do seguinte xeito: