Os prezos do gando que concorreu hoxe ao Mercado de Amio presentan cambios, segundo a sondaxe realizada. En canto á recría, soben 10 euros os de toda a raza Rubia Galega, así como os dos animais destetados de Cruzamento Industrial Cor. Pola súa banda, os de abasto soben 0,10 euros os prezos de todas as canles do vacún mediano e maior de matadoiro.
Seguindo cos prezos, pero de Ternera Gallega, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida decidiron subir 0,02 euros os prezos de todas as canles de ambas as categorías: Suprema e Ternera.
Finalmente, a asistencia de gando chegou ás 1.590 reses, 116 máis que na do 12 de febreiro. En detalle, houbo 1.373 cabezas de vacún menor, 137 máis que a sesión anterior; 54 de vacún mediano (-1) e 163 de vacún grande (-20).
Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (19-II- 2025)