A produción de leite de vaca en España, e especialmente en Galicia, experimentou unha importante suba en maio, malia a leve baixa nos prezos. Así se recolle no informe do Ministerio de Agricultura de entregas do sector lácteo correspondente a maio.
En concreto, o prezo medio en España en maio foi de 0,484 euros o litro, cunha leve baixada de 4 céntimos respeto aos 0,488 de marzo, mentres que en Galicia a media foi de 0,459 euros o litro, unha caída similar.
As diferenzas de prezos entre Comunidades Autónomas son notables, especialmente coa veciña Asturias, onde os gandeiros cobran de medio o leite 5 céntimos máis por litro ca en Galicia:
Ademáis, e como ven sendo habitual, a diferenza segundo o volume de entregas das granxas é dunha media de 6 céntimos por litro:
O outro dato salientable é o importante incremento da produción tanto en Galicia como en España: No conxunto do Estado as entregas ascenderon a 667933 toneladas, por riba de abril e un 1,91% máis que o mesmo mes de 2023. No conxunto dos primeiros cinco meses do 2024 as entregas medraron un 1,98%. En Galicia a suba interanual da produción nos cinco primeiros mese deste ano foi do 2,73 %, con 1.298.602 toneladas de leite entregadas neste período. En maio, as entregas ascenderon a 272020 toneladas, cun incremento interanual do 3,11%.
En canto ás calidades do leite en maio foron dunha media en España de 3,70 de graxa e de 3,35 en proteína. Galicia continúa por riba en sólidos do leite, cun 3,79 de graxa e cun 3,38 de proteína.
En leite ecolóxico, as cotizacións medias no campo tamén baixaron en maio: 0,611 euros o litro, en tanto en Galicia foron de 0,598.