A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A importancia dunha boa xestión para a mellora da rendibilidade da explotación

Desde sempre, a necesidade de controlar cada aspecto da explotación foi un punto clave para ver medra en rendibilidade unha granxa. No contexto actual, este aspecto de control faise indiscutible: As explotacións gandeiras, tanto de carne como de leite, notan o encarecemento dos insumos como electricidade, materiais, concentrados….. Isto implica que, se non melloramos a nosa capacidade de produción, a marxe de beneficios redúcese considerablemente.

Sabemos que isto non é tarefa fácil xa que, para estar fronte a unha explotación con situación económica saneada e con capacidade de mellora e crecemento, é vital saber onde se gasta o diñeiro, como repercute cada gasto ou investimento e onde está a capacidade de mellora.

Ademais, cando falamos de control, non nos referimos só aos gastos que podamos ter (iso é a base), senón que, igualmente, haxa unha boa supervisión do reprodutivo, sanitario e alimentario, que repercutirán directamente sobre os ingresos a final de mes.

ISAGRI: Experiencia acreditada en aplicacións informáticas ao servizo de gandeiros e agricultores

En ISAGRI levamos preto de 40 anos desenvolvendo aplicacións informáticas axustadas a estas necesidades de xestión de gandeiros e agricultores de todo o mundo.

O equipo ISAGRI ten un obxectivo principal común: facer máis fácil o proceso de control e toma de decisións aos propietarios dunha explotación agrogandeira, para conseguir que cada granxa sexa máis rendible e cumpra calquera requisito legal. Estas son as claves para poder sacar unha maior viabilidade económica en cada caso particular.

Gandaría Rancaño (Olveira-A Coruña): Así lles axuda ISAGRI a mellorar a rendibilidade da súa granxa

Ignacio Fernández e a súa filla Irene consultando a ficha dunha vaca no seu móbil

Ignacio Fernández e a súa filla Irene consultando a ficha dunha vaca no seu móbil

Un exemplo claro é Gandaría Rancaño, de Olveira (A Coruña). Nela, Lola e Ignacio levan preto de 10 anos traballando con ISAGRI, hoxe en día usan tres aplicacións: Isalact para o control gandeiro, Isaconta co que xestionan a contabilidade e custos de produción e Geofolia para o referido aos cultivos.

Lola cóntanos a súa experiencia: Co programa para gandaría, obteñen un control facilitado da reprodución, sanidade, consumos, etc., que segundo nos comenta Lola “librounos de erros como perder celos ou esquecerse dun secado”, pequenos descoidos que inflúen na produción. Ademais, sen darnos conta, temos ido xerando un histórico de cada animal en concreto ou da explotación en xeral, para poder tomar decisións nun futuro. Estes datos poden afectar considerablemente no conseguido a final de mes, de non telos ben controlados”. Pouco despois incorpóranse co programa ISACONTA.

Do programa de xestión económica ISACONTA Lola destaca que “permíteme saber a evolución de prezos, ter controlados os consumos e gastos, e poder analizar incrementos que poden advertirche dun problema a tempo (….) Hai 15 anos aínda que era necesario controlar, non o era a este nivel, hoxe cada céntimo conta, para asegurarte de que haxa beneficios e non perdas”. Doutra banda, destacan que “ter ben controladas as facturas, se son gastos ou investimentos, ou ver realmente como vas de IVE a tempo real é un punto forte”.

Pero toda explotación vese afectada pola partida de alimentación, polo que tamén ven crucial o control das parcelas e cultivos, para levar caderno de fitosanitarios, abonados ….etc. “A presión administrativa é cada vez maior, e para estar tranquilo necesitamos a seguridade de ter o caderno ben cuberto”, destaca.

Con todo o comentado, ademais de mellorar día a día a parte técnica e saber exactamente canto lles custa producir un litro de leite, poden entregar cun clic todas as declaracións sen problemas. Isto “libéranos de traballo e preocupacións para centrarnos en producir mellor e vivir máis tranquilos”, valoran.

LOGO_ISAGRI_FINAL_TYPO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *