Impex Europa S.L., empresa galega líder en España en fabricación e venda de raticidas, ven de lanzar ao mercado Temobi Cinta, unha cinta adhesiva especial para o control de pragas en todo tipo de árbores e plantas, así como establos e industrias agroalimentarias.
Temobi Cinta permite controlar de forma eficaz tanto de insectos voadores como rasteiros que poden provocar danos nos árbores e plantas, así como en instalacións agrogandeiras.
Un produto sen veleno e que non contamina
“A cinta é moi sinxela de usar: só hai que despegar o adhesivo, rodear o tronco e pegar as unións”, aseguran dende Impex Europea. Ademais, salientan que “é un produto sen veleno e que non contamina o medioambiente”.
Deste xeito, Temobi Cinta pódese utilizar en calquera lugar, especialmente en zonas nas que o uso de insecticidas tradicionais pode ser perigoso ou estar mesmo prohibido, como establos, queixerías, almacéns alimentarios, depósitos de froita, matadoiros…..etc.