Impex Europa, a empresa galega líder en venda de raticidas en España e Portugal, dispón neste momento no mercado de dous produtos especialmente dirixidos a combater ás avespas.
Por unha banda dispón do Insecticida Avispas, cun difusor especial que alcanza de 4 a 5 metros e que permite, por exemplo, eliminar as avespas velutinas nos seus niños primarios ou secundarios. En concreto, grazas ao difusor, pódese impregnar o avispeiro xa que a Permetrina é un insecticida barreira cunha moi alta persistencia. Do mesmo xeito que outros produtos, hai que deixalo actuar para ver o seu resultado.
De uso polo público en xeral, actúa por contacto e inxestión, eliminando de forma eficaz todo tipo de insectos voadores (avespas, moscas, mosquitos, moscardas, etc.) e rastreiros (chinches, cascudas, pulgas, ácaros, etc.) en todas as fases de vida (ovo, larva, crisálida ou insecto).
O seu difusor especial posúe un amplo espectro de acción. A súa eficacia mantense durante semanas. O seu principio activo é o Acetamiprid 0,2% o seu número de rexistro é o R.P.D.G.S.P.: 12-30-06251.
Trampas ecolóxicas Killer Trap, cun atraente especial para as avespas
Ademais, a empresa galega dispón no mercado de Killer-Trap, unha trampa para avespas non contaminante e reutilizable. “É fácil de usar, ten unha gran eficacia para uso en exteriores, por exemplo para a avespa velutina, e non contén ningún veleno, polo que non representa un risco para o medioambiente”, destacan desde a empresa galega.
“As trampas hai que enchelas de auga ata unha liña marcada e botar o atraente natural na mesma. As avespas entran na trampa, pero non son capaces de saír e acaban afogadas na auga”, explican desde Impex Europa.