A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Imaxes da xornada de demostración de maquinaria forestal en Barreiros

Imaxes da xornada de demostración de maquinaria forestal en Barreiros

Afm Forest Logset

O pasado sábado 25 de Febreiro de 2017 celebráronse unhas xornadas de portas abertas no taller Centro Técnico de Maquinaria Forestal (TECMAF) en San Cosme de Barreiros, na Mariña lucense. O evento contou coa colaboración de Forest Pioneer.

Por primeira vez na historia da empresa, abríronse as portas do taller para empresas forestais con maquinaria propiamente forestal para que puidesen coñecer de preto o traballo que se realiza.

O evento transcorreu desde as 11:00 horas da mañá ata as 14:30 horas. A continuación, serviuse unha comida para os asistentes dentro das instalacións, preparada polo restaurante La Yenka, situado en Barreiros.

No taller puidéronse observar de preto 4 autocargadores LOGSET novos para ser preparados no taller antes da súa entrega (fabricación e instalación de coitela, baldeiras, testeiro, cabrestante e caixa de carga), 1 procesadora de rodas 6×6 LOGSET nova con cabezal procesador AFM 55 White Line para piñeiro, 1 procesadora de cadeas TIMBERPRO nova á que lla vai a fabricar e instalar a coitela, 2 cabezais procesadores AFM 60 para eucalipto, 2 cabezais taladores de disco QUADCO e TIMBERPRO novos e maquinaria usada (procesadoras de rodas, de cadeas, cabezais procesadores e tronzadores).

Tamén se puido ver unha máquina de cadeas forestal e un autocargador preparados no taller que actualmente traballan perfectamente.

Ao evento asistiron ao redor de 150 visitantes, os cales puideron gozar do uso do do simulador de autocargadora e procesadora que se atopa no taller para formación de novos maquinistas forestais e simular situacións reais.

Unha xornada onde poder intercambiar opinións, coñecer máis de preto o taller e máquinas e pasar unha mañá agradable nun ambiente completamente forestal.

Servicio técnico de Forest Pioneer en Tecmaf

Tecmaf: un dos poucos talleres de España especializados en maquinaria forestal

Trátase dun dos poucos talleres especializados en maquinaria forestal, pouco frecuente en España. Fundado en 2005, actualmente conta con 13 empregados, todos eles especialistas en maquinaria forestal, mecánicos de monte, mecánicos de taller, recambistas e atención ao cliente.

As instalacións do taller esténdense sobre 3.600 m2 dos cales 2.000 m2 están ocupados por talleres. TECMAF é especialista en preparación de máquinas para traballos forestais, posta en marcha de maquinaria, reparacións en taller e in situ no monte.

O taller distribúese en zonas para a realización de diferentes traballos: maquinaria de oxicorte, maquinaria de encartado, zona de soldadura, zona de mangueiras e racorería, zona de lavado, zona de maquinaria usada en exposición…., ademais de contar con 4 pick-ups perfectamente equipadas para as reparacións en monte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *