A firma ICL Speciality Fertilizers participou recentemente na XVI Reunión da Rede de Uso Eficiente do Nitróxeno en Agricultura (RUENA), celebrada en Madrid os pasados 24 e 25 de abril. O evento conta todos os anos co apoio de ICL, dada a importancia que ten este tema para unha xestión sustentable e eficaz das explotacións agrarias.
A Rede de Uso Eficiente do Nitróxeno ten como obxectivo crear sinerxías a nivel internacional entre os especialistas da nutrición para a agricultura e, este ano, dedicaron a súa reunión anual á “Xestión sustentable do Nitróxeno para optimizar a calidade da colleita”.
Para iso desenvolveuse un completo programa de dous días, dedicándose o primeiro a unha Xornada Técnica con conferencias impartidas por especialistas de universidades, centros de Investigación, organismos oficiais e organizacións nacionais e internacionais. O segundo día foi dedicado a unha Xornada de Campo para ver sobre os terreo ensaios e casos prácticos para avaliar a eficiencia da aplicación do nitróxeno nos cultivos.