A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

ICL lanza o seu novo catálogo de fertilizantes Agromaster para un abonado preciso

A compañía incide en que o abono de liberación controlada obtén superiores prestacións ó convencional. Inclúe no catálogo testimonios de agricultores españoles que traballan en cultivos como pataca, cereal, cenorias ou frutais

Publicidade
ICL lanza o seu novo catálogo de fertilizantes Agromaster para un abonado preciso

Portada do catálogo Agromaster, de ICL.

A firma ICL Speciality Fertilizers vén de lanzar un novo catálogo da súa gama Agromaster, un fertilizante de liberación controlada que permite obter mellores rendementos. A compañía incide en que a tecnoloxía de encapsulado do fertilizante permite unha liberacion axeitada do mesmo ó longo de toda a campaña, facendo coincidir os picos de demanda do cultivo cos picos de suministro do abono.

“Os fertilizantes Agromaster proporcionan un bo control dos nutrientes, especialmente nitróxeno e fósforo, para un resultado de alta calidade”, valora ICL en nota de prensa. Entre as vantaxes do abono de liberación controlada, a empresa destaca que unha única aplicación permite aportar nutrientes para un longo periodo de tempo. Mellórase ademais o uso dos nutrientes, evitando perdas por lavado.

O catálogo inclúe elaboracións específicas para cada tipo de cultivo, combinando a liberación inicial dos nutrientes con diversas lonxevidades do abono, en función do cultivo. Ofrécense opcións tanto para abonado de fondo como de cobertera.

Para pechar o novo catálogo, ICL inclúe opinións de agricultores que usan habitualmente o produto en diferentes sectores: cereais, pataca, cenoria, cebolas, frutais, etc. Os produtores destacan vantaxes de Agromaster como aumentos de produción e de uniformidade, así como unha reducción de custos ó facer só unha aplicación de abono. “É unha inversión rentable”, conclúen todos eles. Pódense consultar na web de ICL catálogos específicos para diversos cultivos e aplicacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *