A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

ICL lanza o novo catálogo de Nova, a gama máis completa de fertilizantes solubles de alta pureza

Inclúense tres novas variedades enriquecidas con micronutrintes para dar máis vitalidade ás plantas e calidade á froita achegando nutrintes por fertirrigación que se adaptan a calquera cultivo e necesidade nutricional

Platacion-experimental-de-maceiras-Val-de-Sangorce-Agolada-Galitec-ICL Specialty Fertilizers acaba de lanzar un novo catálogo da súa gama de fertilizantes especialmente desenvolvidos para fertirrigación Nova, que incorpora novas formulacións para ampliar a oferta da compañía en fertilizantes solubles de alta pureza.

Grazas á calidade na selección de materias primas, á súa pureza e solubilidade, a gama Nova asegura unha eficiencia máxima á hora de achegar nutrintes aos cultivos por fertirrigación, existindo un amplísimo abano de posibilidades para adaptarse a calquera cultivo e necesidade nutricional.

A gama Nova conta con ata 15 formulacións, 12 delas xa ben coñecidas en España: Nova Potassium (fertilizante NK); Nova PeKacid (fertilizante PK ácido); Nova PeaK (fosfato monopotásico); Nova N-K (nitrato potásico); Nova Calcium (nitrato cálcico); Nova MAP (fosfato monoamónico); Nova Ferti-K (cloruro potásico); Nova SOP (sulfato potásico); Nova Mag-N (nitrato magnésico); Nova Mag-S ( sulfato de magnesio); Nova MagPhos (fertilizante PK máis Mg); e Nova Quick-Mg (potasio e magnesio).

Novidades

Neste novo catálogo incorpóranse tres novidades importantes, como son Nova Plus Mag-N+TE, Nova Plus Calcium+TE e Nova Plus CalMag+TE. Falamos de tres variedades puras enriquecidas con micronutrintes, polo que Nova Plus Mag-N+TE incorpora nitrato de magnesio enriquecido con micronutrientes quelatados.

Pola súa banda, Nova Plus Calcium+TE incorpora nitrato de calcio enriquecido con micronutrientes quelatados. E, por último, Nova Plus CalMag+TE engade ao CA e MG tamén micronutrientes para dar máis vitalidade ás plantas e calidade á froita.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *