A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Hipra aborda as súas liñas de traballo no principal evento de veterinaria bovina a nivel mundial

Hipra aborda as súas liñas de traballo no principal evento de veterinaria bovina a nivel mundial

Catro anos despois da última gran cita de ruminantes a nivel mundial, celebrada en Milán no 2018, Hipra volveu reunir aos seus equipos e clientes con motivo do Congreso Mundial de Veterinaria de Ruminantes, o WBC, celebrado este mes en Madrid no recinto de Ifema. No evento, Hipra desenvolveu numerosas sesións técnicas e de formación, no marco de ‘Hipra University’, orientada aos seus clientes.

O laboratorio español abordou no WBC cuestións como a redución de antibióticos, o papel da vacinación ante escenarios de erradicación de IBR ou o impacto económico positivo da vacinación contra a mastite, entre outras. Así mesmo, un elenco de expertos en inmunoloxía bovina da talla de Chris Chase, Sofie Piepers ou Amelia Woolums participaron nunha sesión onde se presentou a versión dixital de ‘Inmunidade Bovina’, o recente libro de consulta para o veterinario de campo publicado por HIPRA este ano.

Máis aló da actividade no Congreso e da súa caseta na feira, Hipra organizou diversos eventos en Madrid, entre os que destacou ‘Meet the beef’, un novo concepto de cata centrado en carne de bovino. Un equipo de expertos carniceiros e investigadores explicaron, dunha forma didáctica, amena e divulgativa, o proceso de maduración da carne de vacún e as súas propiedades organolépticas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *