Haifa Iberia estará presente os próximos días 27 ao 29 de xuño en Galiforest onde estará, un ano máis ofrecendo as mellores solucións nutricionais no cultivo forestal, para obter un óptimo crecemento e os mellores resultados produtivos.
Nutrición forestal experta
Un abonado preciso e eficaz é necesario desde o viveiro até o momento de plantación e posteriores anos. Unha nutrición eficiente asegura un crecemento óptimo en viveiro e un fortalecemento da planta, garantindo unha alta porcentaxe de supervivencia e maiores crecementos.
Para iso, Haifa propón dous tipos diferenciados de produtos segundo a fase do cultivo: plantas novas ou mantemento da produción.
Multicote™ Agri e CoteN-Mix™ son dous tipos de fertilizantes de Haifa Group que consisten en gránulos recubertos dun recubrimiento polimérico biodegradable, o cal evita a disolución inmediata cando se aplican ao chan. Deste xeito, estes abonos son unha nutrición ideal e precisa para árbores forestais, especialmente para o eucalipto pola súa achega de boro. En ambos os casos, a velocidade de liberación depende exclusivamente da temperatura do chan.
Multicote™ Agri asegurando a supervivencia en plantas novas
Multicote™ Agri ofrece unha gama completa con diferentes formulacións e lonxevidade. Unha das máis utilizadas no mercado da Península Ibérica durante o proceso de plantación é a fórmula Multicote™ Agri (8) 11.22.09 + 4MgO + 0.1Boro, con 8 meses de duración. A dose axústase a diferentes especies forestais, sendo entre 30 e 40 gramos a recomendada para o piñeiro e o eucalipto.
CoteNMix™ mantemento da plantación
Pola súa banda, CoteN-Mix™ encáixase no proceso de mantemento, unha fase na que axuda aos cultivos forestais a mellorar a súa homoxeneidade de crecemento, aumentando a rendibilidade da explotación. Este período é especialmente importante nos primeiros anos de crecemento, podendo facerse unha ou varias aplicacións. A lonxevidade deste formulado é de catro meses e a dose varía entre os 300-400kg/ha coa aplicación en asuco a partir do segundo ano, e os 200g/planta se a aplicación é en enterrado a 60-70cm de pé.