“Hai maior demanda de resina de piñeiro que oferta, polo que os derivados de hidrocarburos cobren ese oco”

Alejandro Cunningham é un dos maiores expertos en resina e con el coñecemos a situación do sector nos principais países produtores coma China e Brasil, así como os retos que se lle presentan á resinación a nivel mundial

“Hai maior demanda de resina de piñeiro que oferta, polo que os derivados de hidrocarburos cobren ese oco”

Resinado dun piñeiral.

O brasileiro Alejandro Cunningham acumula máis de 40 anos de experiencia no resinado de piñeiros, un sector no que pasou por distintas áreas, desde a investigación e os servizos ós resineiros ata a industrialización e o mercado internacional. Na actualidade, dirixe o Instituto Brasileiro de Química do Piñeiro. Falamos con el para coñecer a situación do mercado internacional e a súa opinión sobre as perspectivas para a resina en Galicia, no contexto da produción ibérica.

-Como valora a situación actual do sector da resina vexetal?
-Hai unha demanda global debido a que a produción en China está a caer de forma sostida dende os últimos 10 anos e non hai outro país ou lugar que sexa capaz de cubrir esta baixada de produción de China. O balance total é negativo, todos os anos se produce menos resina no mundo da que se producía. Mentres, a demanda global é crecente, da orde dun 3% mundial ao ano. A caída da produción en China é tal que, a día de hoxe estase producindo a nivel mundial a mesma cantidade que hai 20 anos.

Alejandro Cunningham.

Alejandro Cunningham.

-Que cifras manexa na actualidade China na produción de resina vexetal?
-China segue sendo o principal produtor de resina vexetal, cunha produción anual dunhas 350.000 toneladas de resina. Aínda que, a produción en China é ineficiente e con prezos altos, o que provocou que a produción fose reducíndose desde o 2006. Así é que leva 15 anos caendo, mentres que os soldos no ámbito rural no país están a se incrementar, polo que o resineiro ten máis poder adquisitivo, pero a técnica segue sendo ineficiente, o que provoca que non haxa bo rendemento.

-Cunha demanda crecente e a caída da produción en China, principal produtor, pode dicirse que é un bo momento para a resina?
-Si, dende logo, pero do mesmo xeito que nos últimos 10 anos. O problema é quen aproveita ese bo momento, xa que hai demanda de resina, pero esta demanda está a ser cuberta por resina de derivados de hidrocarburos, non por resinas vexetais.

“En China o prezo da resina sitúase 1.000 dólares por tonelada por encima do prezo que se paga en Brasil”

-Cal é a situación dos prezos e mercados da resina na actualidade?
-O prezo medio da resina sitúase ao redor dos 1.500 dólares por tonelada e entre os países produtores hai unha diferenza duns 250-300 euros no prezo. Con todo, no 2012 había uns 1.000 dólares por tonelada de diferenza entre grandes produtores. Así, dependendo de como se resine hai unha importante diferenza de prezo, que vai desde os 500 aos 1.000 dólares. En China o prezo da resina sitúase 1.000 dólares por tonelada por encima do prezo que se paga en Brasil, o que fai que a produción en China sexa insostible.

Evolución precios de la resina en países productores

Prezos da resina en China, Brasil e España desde 2012 ata a actualidade. Fonte: Rosineb, Aresb, BPCI.

-Brasil foi durante moito tempo uno dos produtores destacados de resina vexetal. Segue séndoo? Que cifras manexa?
-A produción de resina en Brasil duplicouse nos últimos 6 anos, das 100.000 toneladas por ano pasou a 210.000 toneladas por ano, cun crecemento lento. Hai áreas dispoñibles para plantar máis piñeiros e piñeiros para resinar, pero non se prevé que siga aumentando a produción, senón que se manteña. En Brasil o problema é a man de obra, xa que aínda que é unha actividade intensiva non resulta atractiva fronte a outras actividades como a construción civil, principalmente porque a maioría dos resineiros deben desprazarse ás zonas rurais e prefiren quedar traballando na cidade.

-En España a estacionalidade da actividade, ao só resinar na primavera – verán, é un dos hándicaps para o resineiro. Ocorre o mesmo no Brasil?
-En Brasil, debido ao clima a actividade é anual. Ademais é un esquema diferente, xa que en Brasil os resineiros son operarios da empresa, non son autónomos.

-Evolucionaron en Brasil as técnicas de extracción da resina nos últimos anos?
-A técnica está bastante afinada aquí. O incremento da produción que se experimentou debeuse ao incremento das áreas resinadas, non se introduciron cambios na técnica de extracción.

Hai dous mundos diferentes na produción de resina. Por unha banda está a técnica americana, que é a mesma que  se vén utilizando tamén en España e Portugal. Doutra banda, en países como China, Indonesia, Vietnam e países africanos seguen resinando con técnicas antigas.

-Que factores motivaron que Brasil se situase como un dos principais produtores?
-En Brasil o problema básico é a produción de resina por hectárea de terra, xa que esa terra pode utilizarse para outros cultivos, polo que hai que competir. Isto non ocorre en zonas de España, como Galicia, onde a maior parte dos piñeirais atópanse en terreos que son só aptos para plantacións forestais, pero en países como Brasil compítese con soia ou cana de azucre, polo que o rendemento da resina debe ser grande para que sexa rendible, de aí tamén que os custos de produción sexan tamén baixos.

Na zona da Península Ibérica non adoita haber máis de 300-400 piñeiros por hectárea, mentres que en Brasil chégase a 1.100 piñeiros por hectárea, onde os piñeiros están plantados cada 3 metros e seguindo unha liña, o que marca grandes diferenzas. No Hemisferio Sur os piñeirais foron todos plantados, o que levou a unha maior ordenación e control que naqueles países como España onde boa parte dos piñeirais xurdiron aínda de forma espontánea e con repoboacións naturais. Así, en Brasil un operario pode resinar entre 7.000 a 10.000 árbores e iso non acontece nin en España nin en China.

-Cal é o destino da resina producida en Brasil?
-Brasil é o maior exportador. Hoxe en día exporta unhas 30.000 toneladas de resina en bruto, sen procesar; unhas 100.000 toneladas de colofonia e unhas 20.000 de aguarrás. O principal destino desta produción brasileira é a Península Ibérica, xa que hai unha relación histórica moi próxima entre os 3 países, posto que a resinación chegou nos anos 70 a Brasil procedente de España e Portugal.

“En España hai que buscar a verticalización da cadea de produción, non pensar só na produción da resina”

-Que lugar ocupa España na produción de resina vexetal? Que cifras manexa España?

Na Península Ibérica o crecemento está estancado nos últimos 10 anos. A produción de resina en España e Portugal non alcanza para operar unha soa fábrica de resina en Brasil durante un ano. Así, se esta resina sae fóra dos mercados nacionais, o seu prezo terminará sendo o do mercado, onde compite con grandes produtores como China, Brasil ou Arxentina.

-Europa ten posibilidades de competir na produción de resina?
-Hai un mercado minorista para bases un tanto especiais. En Europa, ademais da Península Ibérica, hai produción en Turquía, Grecia ou Bielorrusia, pero en todos estes países producen cantidades mínimas, da orde de 1.000 ou 500 toneladas ao ano.

Produción mundial da resina en 2021. // Fonte: Brazilian Pine Chemical Institute (BPCI).

Produción mundial da resina en 2021. // Fonte: Brazilian Pine Chemical Institute (BPCI).

-Fálase de que Galicia ten un gran potencial resinero Comparte esta opinión?
-O potencial resinero en Galicia é interesante para fábricas que estean asentadas en Galicia e que estean a dirixir a súa produción a algún uso específico. O que non ten sentido é saír ao mercado para competir con Brasil, China ou Indonesia, xa que Galicia non ten produción para competir a nivel mundial dese xeito. Probablemente a produción de Galicia se sitúe ao redor das 1.000 toneladas por ano e iso é o que consome unha fábrica de Brasil en 15 días. En Galicia e en España hai que buscar a verticalización da cadea de produción, non pensar só na produción da resina senón na colofonia e o aguarrás e en usos que poida ter en fábricas.

“A situación internacional provocou que en Brasil haxa un stock de resina maior que a produción de resina dun ano de España e Portugal”

-A situación bélica en Europa está a influír directamente ao mercado da resina?
– Desde logo. A día de hoxe en Brasil hai un stock de resina maior que a produción de resina dun ano de España e Portugal. O mercado está paralizado. En China a Covid-19 paralizou o mercado e agora a guerra paralizou tamén Europa, onde ao dispararse os custos da enerxía, as fábricas europeas que van transformar a colofonia e o aguarrás procedente de Brasil tamén reduciron ou pararon a súa produción. É unha gran preocupación que Europa non estea a comprar. Este stock pode supoñer un impacto para o mercado español e portugués, xa que en canto haxa algo de movemento, Brasil vai querer vender esa resina, aínda que para iso baixe o prezo.

-Hai outros factores ou actores a nivel mundial que vaian determinar a evolución do mercado nos próximos meses?
-Por unha banda temos en Asia a China parada, mentres en India a actividade continúa. En Europa a actividade tamén está paralizada. O terceiro actor destacado é Estados Unidos, que segue adquirindo aínda produto, pero as informacións que se están dando en temas de consumo e inflación non son para nada alentadoras, o que pode derivar en que diminúan a compra de resina. Para Sudamérica, en especial para Brasil e Arxentina, se se reducen as exportacións cara a EEUU pode supoñer un gran problema.

-Que tendencia cabe esperar para a resina a curto/medio prazo?
– A medio prazo os retos pasan por afrontar a situación mundial, tanto o stock de resina que hai no Brasil, coma a situación bélica que hai en Europa e que está a afectar aos fluxos de comercio internacional.

-Cales son os desafíos que se presentan para o sector resineiro?
-A cada país produtor preséntanselle os seus retos. En Brasil o reto é lograr man de obra, en China é dispoñer de piñeirais para resinar, en Arxentina segue sendo a falta de resineiros. En México é unha mestura, faltan piñeiros e xente que resine… En España e Portugal o reto é tamén conseguir o interese da xente polo resinado, máis aínda co modelo de produción que se ten, xa que ao ser unha actividade que realizan autónomos en lugar de estar contratados, os riscos (coma os lumes e a seca) asúmenos os propios resineiros.

Proyecto financiado por el Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación en el marco del Programa Nacional de Desarrollo Rural 2014-2020 con un importe de 558.710,55 euros. El importe del proyecto es cofinanciado al 80% por el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER) y al 20% por fondos de la Administración General del Estado (AGE), tal como se establece en el Real Decreto 169/2018, de 23 de marzo.

El organismo responsable del contenido es el GO-ACREMA y la Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación y Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) como autoridad de gestión encargada de la aplicación de la ayuda FEADER y nacional correspondiente.

 

Logo Acrema 660

Logos asociados grupo Acrema

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información