A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde no Traballo (ISSGA), vén de editar o manual de “Prevención de riscos na vendima”, un documento dirixido ao sector vitivinícola para a prevención de riscos laborais neste tipo de tarefas.
O documento que se vén de editar agora preséntase de forma sinxela e visual, de xeito que os traballadores e traballadoras poidan identificar os lugares e as tarefas habituais que desenvolven, así como os equipos e máquinas que empregan a diario co fin de coñecer e evitar os riscos laborais aos que se enfrontan.
A guía pretende concienciar dos riscos máis importantes, como son as caídas a distinto nivel, os envorcos de tractor, os cortes con ferramentas ou a inadecuada utilización dos aparellos elevadores. Tamén advírtese doutros tipos de situacións como o calor e os trastornos músculo-esqueléticos derivados das posturas e o manexo de cargas e sobre as picaduras de insectos, facéndose especial fincapé nos primeiros auxilios.
Principais riscos laborais:
Ferramentas manuais
-O acio collerase pola base no momento do corte. Nunca se collerá polo rabo, xa que isto multiplica o risco de corte nos dedos.
-Asegúrate de que a ferramenta (tesoira, navalla..) estea en bo uso, ben afiada, co mango sen arestas, gretas nin folguras en toda a súa lonxitude.
-As ferramentas cortantes e punzantes como coitela, navallas, coitelos, etc, terán protexidas as partes perigosas.
-Nunca metas nos petos pequenas ferramentas sen enfundar.
-Para pasar unha ferramenta, entrégaa na man, non a lances.
-Extrema as precaucións fronte ós impactos nos ollos de follas e videiras. Sería recomendable o uso de lentes.
-Deixa a ferramenta colocada no seu lugar axeitado para non provocar accidentes.
-Cando uses tesoiras pon luvas fronte á abrasión e amortecedores da presión.
-As luvas ademais terán protección anticorte e antipunzonamento cando
traballes con navallas, tesoiras, etc.
-A protección antipunzonamento tamén te protexerá fronte as puntas dos
aramios de espaleiras.
Trastornos musculoesqueléticos e manipulación de cargas
-Os sacos, cestos e caixas non poden superar os 25 kg, que é o límite de carga por una soa persoa en condicións ideais de manipulación.
-Asegúrate que o traxecto que teñas que percorrer coa carga estea libre de obstáculos e a zona de descarga despexada.
-Reduce o risco de manipulación organizando o teu traballo de xeito que a distancia de transporte sexa menor.
-Durante o manexo de tesoiras ou navallas evita flexionar o pulso mantendo a man e o brazo aliñados.
-Fai uso de cintos lumbares para evitar lesións.
-Fai uso de elementos auxiliares que amortezan o contacto coas arestas das caixas, cestos, etc.
-Evita cargar directamente sobre a cabeza.
-Se apoias un xeonllo no chan e a outra perna a mantés semiflexionada favorecerás unha postura axeitada das costas á hora de vendimar.
Vendima de parras:
-Se necesita acceder a puntos altos traballando en parra é preferible usar plataformas estables ás escaleiras de tesoira, caixas, pacas, etc.
– Nunca use as escaleiras de tesoira pechadas. Asegurarse que dispón de dispositivo de seguridade antiapertura.
– Non intente mover a escaleira subido nela: baixe e mova a escaleira as veces que faga falta para evitar traballar desprazado lateralmente e aumentar o risco de caída.
– Se traballa con plataformas ou escaleiras, teña en conta que aínda con zapatas longas sempre hai risco de afundimento.
– En terreo natural é moi difícil que asenten ben todos os puntos de apoio será inestable.
Aparellos elevadores (moi utilizados na Ribeira Sacra):
-Asegúrate de que o aparello elevador e a súa maquinaria estean en bo estado e axeitadamente colocados.
-Comproba que os raís non estean dobrados nin deformados para evitar
descarrilamentos.
-Os postes que soporten os transportadores aéreos serán robustos e estarán firmemente ancorados ó terreo.
-Comproba que o gancho de amarre dispón de pestillo de seguridade.
-A parte motriz do equipo tes que tela ben ancorada. Non improvises a súa
instalación.
-Asegúrate de que os dispositivos de freado de emerxencia estean en bo estado. Comproba o seu funcionamento.
-O operario do equipo comprobará que ninguén se atope no seu radio de acción antes de poñelo en marcha.
-Emprega dispositivos de alerta para que todos os traballadores sexan conscientes da súa posta en movemento.
-Estes aparellos non están deseñados para transportar persoas. Nunca te subas a eles.
-Infórmate do límite de carga do aparello. Non o sobrepases nunca.
-Estabiliza a carga. Non apiles máis de dúas alturas.
-Faille o mantemento axeitado o elevador: substitúe os cables deteriorados, engraxa roldanas, eixos, etc..
-En operacións de reparación e mantemento asegúrate de que o elevador está parado e bloqueado.
Caídas ó mesmo nivel
-Ten sempre presente a posición dos ventos e rodrigas de espaleiras.
-Utiliza calzado axeitado para que suxeite o nocello e con piso antiesvaradío.
-Presta moita atención por onde circules, o terreo será irregular e a vexetación tenderá a invadilo.
-Se estableces zonas de circulación habituais, terás menos risco de caída ó reducir esas irregularidades e a vexetación pola compactación do solo.
-Nunca deixes apeiros, ferramentas, sacos, caixas, etc, tirados polo chan.
Caídas a distinto nivel
1 Desniveis do terreo e equipos
-Salva os desniveis polos lugares habilitados para iso.
-En viñedos con bancais ou desniveis importantes atende sempre a túa posición con respecto a eles.
-Se necesitas acceder a puntos altos traballando en parra é preferible usar plataformas estables ás escadas de tesoira, caixas, pacas, etc.
-Nunca uses as escadas de tesoira pechadas. Asegúrate que dispón de dispositivo de seguridade antiapertura.
-Se traballas con plataformas ou escadas, ten en conta que aínda con zapatas largas sempre hai risco de afundimento.
-Nunca uses as escadas de tesoira pechadas. Asegúrate que dispón de dispositivo de seguridade antiapertura.
-En terreo natural é moi difícil que asenten ben tódolos puntos de apoio. Será inestable!
-Organiza o traballo para evitar ter que manipular cargas dende unha escada.
2 Uso de equipos
-Fai a subida e baixada da cabina do tractor de fronte á escada.. Procura manter limpos os estribos.
-Nunca saltes da cabina do tractor ao chao.
-Nos tractores viñeiros non hai asento para acompañantes. Non permitas
que ninguén se suba.
-Cando deixes a máquina, faino co equipo ben inmobilizado, e nun lugar
estable.
-Non transportes a ninguén no remolque co tractor en movemento.
-Mantén as baldeiras do remolque levantadas sempre que o traballo cho
permita.
-A escada é un equipo para subir e baixar, non a empregues como plataforma de traballo.
-Se tes que transportar cargas por escadas faino sempre de xeito que teñas sempre as dúas mans libres.
-Nunca transportes cargas pesadas nin voluminosas por escadas.
Vehículos e remolques
–Coloca e amontoa axeitadamente as caixas tanto nos remolques como no chan, amárraas ben e non superes o peso máximo permitido.
-Nas manobras de marcha atrás, sitúate onde o condutor te poida ver. Nunca na liña de percorrido do vehículo.