A Asociación Galega de Apicultura ven de publicar un caderno para a construción da trampa eléctrica, un novidoso sistema perfeccionado por apicultores e investigadores galegos que se ten revelado como moi eficaz para protexer as colmeas fronte á vespa asiática.
O sistema eléctrico de protección das colmeas fronte a Vespa velutina que está difundindo AGA, e que inclúe trampa eléctrica e dispositivo de alimentación con enerxía solar, está tendo moita aceptación. As primeiras probas de campo realizadas o pasado ano deron moi bos resultados, ao longo dos pasados meses un grupo operativo de Aga foino perfeccionado e introducindo importantes melloras, e agora xa está difundíndose polos colmeares de Galicia.
O sistema pode ser construído polo propio apicultor e presenta importantes vantaxes, como autonomía grazas ao abastecemento por enerxía solar, máis selectivo e eficaz para capturar as avespas asiáticas que depredan os colmeares nesta época do ano.
Ante a elevada solicitude de información, Aga decidiu ofrecer un servizo de asesoramento técnico sobre a súa construción e manexo, exclusivo para socios e socias. Sen embargo, calquera persoa interesada en construíla pode descargar o caderno para a construción da trampa eléctrica, no que tamén se indica cal é a colocación máis axeitada no apiario para mellorar a súa eficacia.
Para máis información ou resolver dúbidas escribir a dagaferrol@hotmail.com
Ola, fixen a placa eléctrica que aparece no pdf da guía para construir a arpa eléctrica e tiven un problema.
O esquema dí que a tensión de saída en corrente contínua será de 690V pero a min só me saen 132V. Alguén que construíra a placa poderíame dicir algo.
Gracias.
Boas tardes Pablo:
Recoméndoche que chames ao 661 378 960 ou escribas a dagaferrol@hotmail.com
Pregunta por Rafael. El saberá resolver a túa dúbida.
Saúdos
Gracias, solucionáronme o problema.