A Guía de Viños de Galicia 2022 recoñece 91 viños da DO Monterrei

Publicidade
A Guía de Viños de Galicia 2022 recoñece 91 viños da DO Monterrei

A presidenta do Consello, Lara Da Silva, e un dos autores da guía, Luís Paadín, durante a presentación.

A sede do Consello Regulador da DO Monterrei acolleu este martes a presentación da Guía de Viños, Adegas e Destilados de Galicia 2022, na que se inclúen 27 adegas de Monterrei. En concreto, nesta ocasión un total de 91 viños obtiveron medalla, dos cales 13 foron Gran Ouro, 15 Ouro +, 45 Ouro e 18 Prata.

Para a realización desta guía catáronse máis de 1.500 viños e destilados pertencentes á totalidade das adegas e destilerías amparadas nas DO’s e IXP’s galegas. Tamén incorpora un histórico de medallas, mapas climáticos e pluviométricos dos últimos 4 anos en cada denominación, mapas litolóxicos e de relevo, orixe da uva en base a tres criterios (Zona/Rexión – Concello / Parroquia – Parcela).

Ademais, na publicación tamén se inclúe un buscador de viños por R.E.N. (Número de Rexistro Embotellador e Envasador) cos nomes das adegas embotelladoras. A guía conta ademais cunha árbore xenealóxica dalgunhas das principais variedades ancestrais de Galicia; así como, harmonías de viños galegos con pratos rexionais de toda España.

No acto participaron a presidenta do Consello, Lara Da Silva, e un dos autores da guía, Luís Paadín.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información