A guerra contra Irán tamén repercute nas cotizacións dos produtos lácteos: Baixadas da manteiga e do queixo

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as cotizacións da segunda semana de abril dos produtos lácteos, destacando a caída dos prezos da manteiga e do queixo, unha baixada influída en gran medida pola guerra contra Irán, xa que países de Oriente Medio como Arabia Saudita, Iraq ou Omán, son uns dos principais destinos para as exportacións europeas de produtos lácteos.

O importante aumento das entregas de leite tampouco axuda: En xaneiro subiron na Unión Eupea un 5% en relación ao mesmo mes do ano pasado, mentre que en Estados Unidos se incrementaron nun 3,2% e en Nova Zelanda nun 2,3%.

En canto ao leite en orixe, a media das cotizacións en febreiro en Europa foi de 0,439 euros o litro, cunha baixada do 2,7% respecto a xaneiro.

Captura de pantalla 2026-04-17 090156

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de abril para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 417 €/100 kg, -4,5 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 259 €/100 kg, +0,6 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 342 €/100 kg, +0,5 % ,,
-Queixo cheddar: 312 € /100 kg -3,8 % nas últimas catro semanas

O prezo do leite spot en Italia sube ata os 0,248 euros o litro.

En Estados Unidos e Oceanía (Australia e Nova Zelandia) as últimas cotizacións son as seguintes:

Captura de pantalla 2026-04-17 090209

Suben nun 17,5 % os custos da enerxía

Por último, o informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea avanza que os costes de alimentación para as ganderías de vacún de leite subiron de media nun 1 % nesta segunda semana de abril en relación a hai un mes e os de enerxía disparáronse nun 17,5 % debido ao conflicto de Estados Unidos e Israel con Irán.

Captura de pantalla 2026-04-17 090256

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información