Falamos con José Manuel Díaz, director xeral de Grelo, sobre a folla de ruta da compañía, nas súas novas oficinas do centro de Betanzos.
– Sodes unha operadora galega de telefonía e internet cuns 6 anos no mercado. Que balance facedes deste período?
– Estamos moi agradecidos pola boa acollida que tivemos e pola confianza dos nosos clientes: 2 de cada 3 son fieis e xa temos máis de 12.500 servizos activos en toda Galicia, entre empresas e particulares.
Doutra banda, seguimos sendo independentes, galegos e de Betanzos. Non todos os nosos compañeiros de sector poden dicir o mesmo. Estamos nun mercado cada vez máis concentrado, onde o local é comido polo global. Pero nós estamos orgullosos de crecer mantendo a nosa identidade e o noso compromiso coa atención, o servizo e o emprego en Galicia.
Isto para nós é todo un fito. Anímanos a seguir mellorando cada día e a continuar innovando en servizos que satisfagan as necesidades dos nosos clientes en novos ámbitos.
– Estades a crear novos servizos que van máis aló do convencional en telefonía e internet. Cara a onde está a ir a innovación en Grelo?
– En Grelo queremos axudar aos nosos clientes para que teñan o servizo que se adapta ao seu uso real da internet, móbil e TV. Non queremos que eles se adapten aos nosos produtos e tarifas, ao revés, o noso servizo é totalmente persoalizado, por iso ofrecémoslles un asesor persoal para axudarlles a cubrir todas as súas necesidades, evitando gastos e complicacións innecesarias, ou o que é o mesmo, aforrando tempo e diñeiro.
Engadimos a enerxía ao noso servizo de internet, móbil e TV. O da luz é un dos sectores que máis insatisfacción xera no consumidor e nós queremos cambiar iso, cun asesoramento profesional
Ao noso servizo da internet, móbil e TV, engadimos tamén a luz, desde esa mesma óptica de asesoramento e aforro. Igual que a telefonía, a enerxía é un dos sectores que xeran máis incerteza e insatisfacción nos clientes, e nós queremos cambialo, ofrecendo asesoramento profesional, control do consumo en tempo real, tarifas sen permanencia, e por suposto, aforro a todos os clientes que contraten a luz con Grelo.
E tamén estamos a desenvolver a primeira REDE IoT de Galicia, que permite monitorizar contadores, niveis de auga ou contedores de lixo, controlar aforos ou buscar en tempo real a persoas ou animais desparecidos, entre outras moitas aplicacións. Estamos activamente comprometidos coa innovación porque cremos que todo isto traducirase en ter mellores servizos en Galicia.
– Ofrecedes un amplo abanico de servizos para asegurar a mellor conectividade na internet. Como valorades a situación actual de conectividade en Galicia? (Fibra óptica, adsl, 4g-5g)
– Aínda non podemos falar de plena dixitalización en Galicia, pero están a facerse grandes avances para que en poucos anos o 100% das vivendas e negocios en Galicia teñan acceso a Internet de alta velocidade. Grazas aos nosos acordos cos principais operadores con infraestrutura, en Grelo dispoñemos da maior cobertura de fibra óptica posible en Galicia, e onde non chega a fibra, ofrecemos Internet 4G/5G.
Grazas aos nosos acordos cos principais operadores con infraestrutura, en Grelo dispoñemos da maior cobertura de fibra óptica e móbil posible en Galicia

Sede de Grelo en Betanzos.
– Centrándonos no rural, como valoran os usuarios a vosa oferta da internet 4G / 5G, que se presenta como unha alternativa para zonas sen outras conexións.
– Precisamente é no rural onde queda máis traballo por facer. Grelo naceu co compromiso de acabar coa inxusta fenda dixital en Galicia e hoxe podemos dicir que o estamos conseguindo.
Dispoñemos de cobertura de fibra óptica nas catro provincias e ofrecemos un servizo da internet rural 4G/5G nas zonas onde aínda non chegou a fibra, mesmo en zonas illadas sempre que dispoñan de cobertura 4G. Esta é unha das razóns polas que nos contratan, porque así calquera persoa pode acceder a Internet de alta velocidade, estea onde estea, sen pagar máis por este servizo.
– Son quizais as plataformas de tv en liña a única limitación do internet rural?
– Hoxe en día non existe esa limitación. O noso servizo 4G/5G permite a conexión ás plataformas de tv en liña.
– En canto a cobertura de telefonía móbil, explicádenos a rede que empregades e a cobertura que ofrece en Galicia.
– Temos acordos de cobertura cos tres principais provedores: MasOrange, Vodafone e Movistar. Isto permítenos garantir a cobertura en toda Galicia.
– Desde un principio, apostastes por manter unha atención persoalizada telefónica e por e-mail desde Galicia. Conseguistes aumentar a satisfacción dos usuarios con este servizo?
– A nosa atención ao cliente é un dos principais motivos polos que 2 de cada 3 deciden quedar connosco. Cando nacemos fixémolo comprometidos con facer as cousas desde aquí e para aquí.
Dous de cada tres clientes deciden quedar con nós. Ter un servizo propio de atención ó cliente en Galicia diferéncianos
Ter un servizo propio de atención ao cliente en Galicia diferéncianos e permítenos ofrecer unha atención persoalizada e eficaz a todos os nosos clientes. Falámoslles de forma clara e na súa mesma língua a través de calquera canle, xa sexa na oficina, por teléfono ou por email. Iso facilítalles moito as cousas.
– En canto a tarifas e servizos, cal é o voso posicionamento no mercado?
– Ademais da atención, outro dos motivos polos que nos elixen é a nosa calidade-prezo e a nosa seriedade coas tarifas. Os nosos acordos cos principais operadores permítennos ofrecer un servizo de telefonía e Internet de alta velocidade estable, seguro e competitivo. Ofrecemos un contrato claro e que se entende, e cando o asinamos cumprímolo, sen subir o prezo a final de mes ou co cambio de ano.
Cando melloramos as tarifas, facémolo para todos os nosos clientes, non só para os novos. Calquera cliente pode poñerse en contacto connosco para cambiar a súa tarifa por calquera das vixentes na nosa web. E as nosas tarifas son flexibles, adáptanse ao consumo dos nosos clientes e non ao revés, por iso calquera persoa ou empresa pode atopar o que necesita en Grelo.
Máis información
- Web de Grelo
- Tel. 881 821 100