“Grazas ao consumo de leite a poboación europea aumentou a súa estatura”

Entrevista a Ángel Gil Hernández, presidente da Fundación Iberoamericana de Nutrición e catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Granada. “Preocúpanos o descenso do consumo de leite, porque achega nutrientes que non se inxiren doutro xeito”, advirte

“Grazas ao consumo de leite a poboación europea aumentou a súa estatura”

Ángel Gil Hernández

O consumo de leite de vaca estivo diminuíndo nos últimos anos na poboación española, algo que preocupa aos nutricionistas, que alertan das deficiencias nutricionais que pode carrexar.

Ángel Gil Hernández, presidente da Fundación Iberoamericana de Nutrición e catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Granada, subliña que “o leite e os derivados lácteos son inseparables dunha dieta equilibrada”. Lembra ademais que “o leite supuxo unha vantaxe adaptativa para a poboación europea, xa que a aceleración secular do seu crecemento asóciase ao consumo de leite e de derivados lácteos”.

Por que os científicos conclúen que o leite e os derivados lácteos son unha parte imprescindible da nosa alimentación?
No caso dos caucásicos, é dicir, da poboación branca, fai uns 10.000 anos, coa domesticación do gando, experimentaron unha mutación xenética que lles permitiu alimentarse de leite doutros mamíferos, en concreto de vaca, cabra e ovella.

Desde entón o leite e os derivados lácteos foron inseparables da nosa dieta, sendo unha fonte moi importante de proteínas de alta calidade, superior á proteína vexetal, de calcio, minerais como iodo ou selenio e de vitaminas, especialmente do complexo B.

Isto fai que o leite permita cubrir os requirimentos nutricionais, algo que é dificilmente alcanzable cando non está na nosa dieta.

Se o leite é tan necesario para unha dieta equilibrada. Por que está a descender o seu consumo?
Estendéronse falsos mitos ao redor do leite que, sen un fundamento científico, atribúenlle problemas de alerxias e de intolerancias. É certo que algunhas persoas poden ser intolerantes á lactosa, como tamén as hai aos froitos secos ou a certas froitas.

Pero o 95% da poboación española pode consumir sen problema entre 2 e 5 racións de lácteos ao día, dependendo da idade.

Poderiamos concluír que o leite supuxo unha vantaxe adaptativa para a poboación caucásica, xa que a aceleración secular do crecemento da poboación europea asóciase ao consumo de leite e de derivados lácteos.

As campañas contra o consumo de leite que se estenderon a través de Internet non teñen ningunha base científica, pero o problema é que segue habendo moita xente que lle presta máis atención ao que di un blogue que á evidencia científica.

“O 95% da poboación española pode tomar lácteos sen problema”

Neste sentido, a Fundación Iberoamericana de Nutrición e a Fundación Española da Nutrición publicamos un documento, “O leite como vehículo de saúde para a poboación”, no que desmentimos as noticias e falsos mitos ao redor do leite.

Hai que lembrar tamén que, ademais do seu valor nutricional, estudos científicos demostraron que as persoas que toman leite diariamente teñen menos incidencia de diabetes tipo 2 e menos risco de padecer obesidade.

Por que está aumentado o número de persoas con intolerancia á lactosa?
É falso que haxa este aumento. O número de persoas con intolerancia á lactosa mantense estable e ten que ver coa nosa xenética: no caso da Península Ibérica arredor do 20% da poboación adulta presenta algún tipo de intolerancia á lactosa, aínda que pode seguir consumindo leite sen lactosa e todo tipo de derivados lácteos (queixos, iogures, leite fermentado….etc). As posibilidades de diagnostico das intolerancias aumentaron, pero iso non significa que aumentase a poboación que ten problemas para tomar leite.

De feito, en África, Asia e Iberoamérica, onde por xenética hai máis poboación alérxica, está a aumentar o consumo de leite e de derivados lácteos.

Preocúpalles aos nutricionistas o descenso do consumo de leite en España, especialmente na infancia e na adolescencia?
Si que nos preocupa, porque o consumo de leite é a vía idónea, pola súa maior capacidade de asimilación polo organismo, para que a poboación española cubra as súas necesidades de calcio. Con outros alimentos é moi difícil que se cubra.

Por iso temos que seguir facendo un chamamento a incrementar o consumo de leite e de derivados lácteos para lograr unha alimentación equilibrada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información