Granxas da montaña lucense vense afectadas pola presenza da rata toupa

O Sindicato Labrego Galego (SLG) demanda axudas para compensar as perdas e frear a proliferación deste roedor

Granxas da montaña lucense vense afectadas pola presenza da rata toupa

Imaxe de arquivo.

Gandarías da montaña lucense, concretamente da zona de Pedrafita, estanse vendo afectadas de novo pola ‘arvícola terrestris’, comunmente coñecida como “rata toupa”. As granxas trasladáronlle ao Sindicato Labrego Galego a súa preocupación polos estragos nas praderías e na herba ensilada.

Esto afecta á economía das gandarías, ao provocar unha subida dos custos de produción vinculados á alimentación do gando. No 2020 xa viviran unha situación similar, cando a proliferación deste roedor causou danos en case 2000 hectáreas de terreo en municipios do sur e leste da provincia.

As granxas denuncian a falta de axuda recibida por parte da administración e vense soas ante esta situación, segundo a organización agraria. O SLG indica que “malia ser esta unha problemática recorrente, non só non foi solventada en episodios precedentes, senón que segue sen contar cun protocolo de actuación definido pola Consellaría do Medio Rural”.

Dende o SLG demandan a creación de axudas para compensar as perdas e a convocatoria dunha xuntanza por parte da Consellería para tratar a problemática da rata toupa. Propóñense medidas como o trampeo e o fomento da presenza de depredadores naturais nas zonas afectadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información