Hermanas Granja Fondevila, no concello pontevedrés de Lalín, dotouse dun sistema de protección fronte aos lumes deseñado por un grupo do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Trátase dunha rede de aspersión de auga que se activa en caso de incendio, sendo capaz de impulsar 15.000 litros por hora, a unha presión de 5,5 bares, todo ao redor da estrutura da granxa, que alberga normalmente a 30.000 polos.
O sistema dispón de dúas vías de alimentación, de forma que se hai un erro na rede eléctrica, activaríase de modo automático un xerador diésel. Os rociadores de auga actúan nun perímetro de 14 metros e teñen tamén un segundo mecanismo ,que chega ós 4 metros, para reducir a entrada de calor na instalación.
O conselleiro do Medio Rural, José González, que onte visitou a instalación, felicitouse de que xa teña demostrado a súa eficacia nun incendio recente.