Madrá SC, unha gandería familiar de Castro de Rei (Lugo) vende vacas e xovencas frisonas, tanto preñadas como en produción.
“O motivo é que temos exceso de animais para o robot de muxido e precisamos vender algunhas. Son vacas moi produtivas, con medias superiores aos 40 litros nos últimos meses, e de moi boa xenética, tanto americana, como holandesa e española”, destacan dende esta gandería, que está tanto en control leiteiro como en ADS.
A persoas interesadas poden chamar ao 657518026 ou enviar un email a albertosanfiz@gmail.com