A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Granxa Circular: a proposta de Nanta para avanzar na sustentabilidade da gandería

Un modelo co que demostrar o grao de sustentabilidade dunha granxa atendendo a catro piares fundamentais: económico, ambiental, social e benestar animal. Co Decálogo de Granxa Circular como guía, un conxunto de dez troncos críticos a considerar, Granxa Circular cualifica ás granxas en tres categorías (A, B e C) en función dos seus resultados de sustentabilidade

Granxa Circular: a proposta de Nanta para avanzar na sustentabilidade da gandería

A sustentabilidade é xa unha parte fundamental das nosas accións. Desde a Unión Europea ínstannos, a través do Pacto Verde Europeo, a impulsar un uso eficiente dos recursos mediante o paso a unha economía limpa e circular. Ademais, no caso concreto da gandería, reclámase, cada vez máis, demostrar a orixe sostible dos alimentos. Baixo este contexto nace Granxa Circular: o modelo de sustentabilidade de Nanta, verificado por AENOR, co que demostrar o grao de sustentabilidade dunha granxa atendendo a catro piares fundamentais: económico, ambiental, social e benestar animal.

Nanta lidera así a posta en marcha do modelo de economía circular no sector gandeiro, dando continuidade con Granxa Circular ao seu proxecto Nutrición Sostible, co que foi pioneira na área da redución de antibióticos en gandería.

Téñense en conta catro aspectos: sustentabilidade económica, social e ambiental e benestar animal

Pero Granxa Circular vai máis aló. Cun enfoque multidisciplinar, inclúe varias ferramentas de cálculo e avaliación e conta con indicadores solventes, medibles e prácticos, sendo posible a verificación da certificación de sustentabilidade por parte de AENOR.

A sustentabilidade da granxa en 3 fases

Tres fases compoñen Granxa Circular: cálculo de emisións da granxa, cualificación de granxa sostible e aplicación das Boas Prácticas Dispoñibles (BPD). En primeiro lugar, o modelo, en base a unha serie de datos ofrecidos pola granxa, predice e calcula as emisións (nitróxeno, metano e fósforo) desta, así como a pegada de carbono, por unidade ou tipo de animal ao ano e por granxa ao ano.

A avaliación comeza co cálculo de emisións de nitróxeno, metano e fósforo da gandería, así como a súa pegada de carbono

Secundariamente, a partir duns indicadores –personalizados á especie valorada– e atendendo a cada un dos catro piares xa mencionados (sustentabilidade económica, social, ambiental e benestar animal), avalíase e cualifícase á granxa en canto á súa sustentabilidade. A avaliación faise tomando como base o Decálogo de Granxa Circular: dez troncos críticos na sustentabilidade da gandería, por exemplo a nutrición, xestión sanitaria, benestar, bioseguridade, circularidade, etc., cuxa implementación, en maior ou menor medida, nunha granxa, determinarán o seu perfil de sustentabilidade.

Mellora continua

Cada un destes troncos contén ademais un manual de boas prácticas dispoñibles (BPD) para a mellora continua traslas análises. Desta forma, son 3 as categorías posibles: Granxa A, Granxa B e Granxa C, en función dos requisitos que cumpra, sendo a primeira aquela granxa que recompila todos os aspectos de sustentabilidade contemplados no modelo. Ademais, tras realizar a auditoría e cualificar á granxa, emítese un informe final que achega recomendacións respecto aos puntos de mellora detectados.

Beneficios clave de Granxa Circular

Con Granxa Circular, o gandeiro, ademais de anticiparse a futuros marcos regulatorios máis estritos, poderá dar resposta aos requirimentos dos novos consumidores, cada vez máis conscientes da necesidade de protexer o planeta e esixentes coa sustentabilidade das nosas actividades.

A iniciativa de Nanta permite aos gandeiros anticiparse a futuros cambios normativos e mellorar a eficiencia e rendibilidade da produción

Como beneficios clave para o desenvolvemento dos negocios gandeiros, Granxa Circular permite mellorar a rendibilidade da produción, grazas a unha maior eficiencia no uso de materias primas e fontes de enerxía, ademais de poñer ao alcance do produtor a posibilidade de diferenciarse como empresa gandeira e, en consecuencia, participar en novas canles de venda.

22 centros de produción

Nanta é a compañía líder na fabricación e comercialización de pensos compostos na península ibérica. Comezou a súa actividade en 1968 e desde entón o alto grao de compromiso cos seus clientes e o mundo da produción gandeira en xeral, a tecnoloxía empregada e os seus programas de I+D+i e calidade supuxeron un auténtico motor de avance para este sector industrial. Unha clara vocación e aposta pola innovación que a compañía mantén e manterá no futuro.

Englobada dentro da multinacional Nutreco, Nanta é a compañía líder na fabricación e comercialización de pensos compostos na península ibérica

Englobada dentro da multinacional Nutreco, Nanta conta con 22 centros de produción dotados de tecnoloxía punta e todos eles certificados na norma ISO 14001 de medio ambiente e ISO 45001 de prevención de riscos laborais. Cabe destacar sobre todo a certificación de seguridade alimentaria FSSC 22000, garantía da seguridade e a calidade dos produtos da compañía.

No seu portafolio de máis de 200 produtos atópase Recría con Prima, o programa de alimentación de tenreiras da compañía, fundamentado na gama de pensos Novalac Prima para novillas e os lactoremprazantes Nantamilk.

Máis información en www.nanta.es/granja-circular

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *