A granxa avícola Pazo de Vilane organiza unha xornada de portas abertas

Caixa de cartón de Pazo de Vilane, un dos seus sinais identificativos.

Caixa de cartón de Pazo de Vilane, un dos seus sinais identificativos.

O vindeiro sábado 27 de xuño Pazo de Vilane abrirá un ano máis as súas portas para que as familias poidan coñecer de cerca as granxas onde viven as súas galiñas en liberdade. Alén de desfrutar dunha visita guiada por conxunto histórico Pazo de Vilane, os asistentes aprenderán sobre o coidado e o benestar das galiñas, así como sobre o proceso de recollida e envasado deses ovos frescos.

A actividade é gratuíta e desenvolverase en horario de 11.00 horas a 13.30 horas.

Inscrición

Os interesados en participar na xornada de portas abertas de Pazo de Vilane 2026 teñen que enviar un correo electrónico a comunicacion@pazodevilane.com, indicando a cantidade de persoas que queren obter invitación, precisando se son adultos ou nenos, alén de indicar DNI, nomes e apelidos dos asistentes.

Para esta actividade Pazo de Vilane limitou a capacidade. Os asistentes terán necesariamente que dirixirse previamente á empresa a través do correo arriba indicado e recibir resposta coa confirmación da súa praza.

As invitacións proporcionaranse seguindo a orde de correos recibidos e ata completar a capacidade.

En ningún caso permitirase a entrada de persoas ao recinto sen a debida acreditación.

xornada cartaz abertas PAZO DE VILANE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información