Gran éxito dos viños de Valdeorras na cata de Beth Willard para o informe “Galicia 2026, Top 100” de Tim Atkin

Cinco referencias chegan ao Pódium dos prestixiosos expertos; un dos tres viños calificados como Mellor Branco, o Mellor Rosado, o Mellor Viño Doce, o Mellor Branco Revelación e o Mellor Doce Revelación.

Publicidade

Beth Willard 2 VALDEORRASUn total de 26 viños de 13 adegas diferentes, foron destacados polos prestixiosos expertos internacionais Tim Atkin e Beth Willard, no informe detallado elaborado para a publicación Galicia 2026, Top 100.

Cinco referencias amparadas polo Consello Regulador alcanzaron o Pódium de dito informe, en diferentes categorías:

  • Mellor Viño Branco do Ano: Regueirón Godello, Éntoma 2024, da adega Virgen del Galir, foi un dos tres mellores brancos do ano.

  • Mellor Viño Rosado do Ano: Viñas de Seadur, As Fontelas 2024, da adega Cova da Xabreira.

  • Mellor Viño Doce do Ano: Tostado de Seadur (50cl) 2022, da adega O Luar do Sil.

  • Mellor Viño Blanco Revelación do Ano: Viña Somoza Selección, Edición 25 Aniversario 2023, de Bodegas Viña Somoza.

  • Mellor Viño Doce Revelación do Ano: Vilariño 2024, da adega Valdesil.

A nivel individual, o premio ao Mellor Enólogo do Ano foi para Miguel Tienda, da adega Virgen del Galir, Éntoma, O Barco.

Ademais de polos viños situados en Pódium polos expertos, Valdeorras tamén está de noraboa porque outras dúas referencias de viño branco foron elexidas entre as 9 mellores (con 97 puntos). En cifras totais, 19 viños de 10 adegas da D.O. Valdeorras atópanse entre o total de 58 brancos que destacaron Willard e Atkins.

En canto aos viños tintos, un dos cinco mellores (con 97 puntos), é de Valdeorras. Un total de sete referencias de tres adegas amparadas, atópanse entre as 40 referencias de viño tinto destacadas.

Beth Willard e Tim Atkin

Na súa estancia en Galicia, Beth Willard catou 429 referencias de viño, de 101 adegas distintas, ao longo dos últimos meses do ano 2025.

Menciona Willard no seu informe “as devastadoras perdas sufridas polos viticultores”, debidas aos grandes incendios do verán vivido na comarca. E tamén fala da acción dos propios viñedos como cortalumes naturais en moitas ocasións e do impacto nos viños; lembra que a gran maioría non foron afectados “pois foron tratados seguindo rigorosos procesos para eliminar calquera indicio de fume existente”.

As conclusións do seu traballo na D.O. Valdeorras, así como en outras denominacións galegas, recolléronse na publicación do Master of Wine Tim Atkin, galardoado fotógrafo e xornalista especializado en viños, que escribe para as prestixiosas revistas Harpers e Decanter, e é copresidente do International Wine Challenge, a competición de cata a cegas co xurado máis rigoroso do mundo.

TimAtkinMW-GALICIA2026_Beth Willard portada VALDEORRAS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información