Un total de 28 viños de 12 adegas diferentes, foron destacados polos prestixiosos expertos internacionais Tim Atkin e Beth Willard, no informe detallado elaborado por eles para a publicación Galicia 2025, Top 100.
Cinco referencias amparadas polo Consello Regulador alcanzaron o Pódium, sendo premiadas nas categorías de Mellor Viño Branco do Ano, para un dos tres únicos viños calificados coa máxima nota – 98 puntos –; na categoría de Mellor Viño Tinto do Ano, para dous dos únicos tres elexidos; e nas categorías de Mellor Viño Doce do Ano e Mellor Viño Tinto Calidade-Prezo do Ano, cunha referencia en cada unha delas.
Ademais de polos viños situados en Pódium polos expertos, Valdeorras tamén está de noraboa porque 3 viños brancos foron calificados con puntuaciónsque os sitúan entre os 5 mellores – con 97 puntos – e outras 7 referencias entre os 13 mellores – con 96 puntos ou máis –. En cifras totais, 19 viños de 12 adegas da D.O. Valdeorras atópanse entre o total de 59 brancos que destacaron Willard e Atkins.
En canto aos viños tintos, dous dos tres mellores, son de Valdeorras. Un total de nove referencias de catro adegas amparadas, atópanse entre os 40 viños destacados.
Beth Willard e Tim Atkin
Beth Willard degustou case 500 referencias de viño, de 64 adegas distintas, ao longo das dúas semanas que pasou, no mes de novembro do 2024, na “España Verde”, como ela mesma califica a Galicia no seu informe. Considera ademais, que o número de referencias escollidas son “unha boa representación dos viños galegos, entre os que destaca ter descuberto “algúns impresionantes” entre os seleccionados.
Ademais do informe sobre Galicia, Willard elaborou traballos sobre outras rexións como Navarra, Aragón e El Bierzo, ademais da Serra de Gredos e outras máis preto de Madrid. Escritora da revista Decanter, Willard é tamén co-presidenta dos premios desta publicación, os Decanter World Wine Awards, ademais de membro da Gran Orde de Cabaleiros do Viño.
As conclusións do seu traballo na D.O. Valdeorras, así como noutras denominacións galegas, recolleuse na publicación do Master of Wine Tim Atkin, galardoado fotógrafo e xornalista especializado en viños, que escribe para as prestixiosas revistas Harpers e Decanter, e é copresidente do International Wine Challenge, a competición de cata a cegas co xurado máis rigoroso do mundo.