A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Gran acollida na xornada agrícola organizada por Codisoil en Ordes

xornada codisoil ORDES 25 1Codisoil celebrou o pasado venres unha xornada agrícola no Hotel Casa Barreiro (Ordes) centrada na legalización de depósitos de gasóleo, as novidades normativas do sector e o Agrodiesel e+10, o carburante avanzado de Repsol deseñado especificamente para o uso agrícola. A convocatoria tivo unha excelente acollida, cunha ampla asistencia de profesionais do sector agrícola interesados en resolver dúbidas e coñecer as últimas novidades normativas e técnicas.

Durante a sesión, o equipo de Codisoil abordou cuestións cLave sobre a normativa vixente en instalacións de gasóleo, ante o aumento de inspeccións por parte de Industria. Resolvéronse múltiples consultas prácticas, o que converteu o encontro nun espazo de diálogo útil e próximo para os asistentes.

Un dos momentos máis destacados da xornada foi a presentación de Effinox Premium AdBlue Solution, o novo aditivo anticristalizante e limpador de GreenChem. Esta solución responde aos problemas máis comúns detectados en sistemas SCR, mellorando o rendemento e a durabilidade dos vehículos.

A xornada contou ademais coa presenza da influencer galega Lucía Casal (@casallucia), quen se fixo eco do evento a través das súas redes sociais, contribuíndo a achegar o contido a unha audiencia máis ampla.

Con iniciativas como esta, Codisoil reforza o seu compromiso co sector agrícola galego, ofrecendo non só solucións enerxéticas innovadoras, senón tamén información útil e actualizada que axuda aos seus clientes para tomar decisións con maior seguridade e confianza.

xornada codisoil ORDES 25 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *