A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

GEA e Bioprana pospoñen a súa xornada técnica Batch Milking e descarbonización a febreiro 2026

Sistema de batch milking con 8 robots en liña que Gandería Pastora estreou o pasado mes de xullo

Sistema de batch milking con 8 robots en liña que Gandería Pastora 

O 7 de novembro, o sector lácteo galego e nacional tiña unha importante cita en Muxía, na gandería Pastora, granxa con 8 x DairyRobot R9600 GEA e que traballa co sistema de bacterias da empresa Bioprana. Un escenario perfecto para un evento técnico de nivel.

A xornada, enfocada en explotacións de máis de 250 vacas, contemplaba a presenza de ganderías de diferentes puntos da Península, cunha previsión de máis de 150 asistentes.

O obxectivo era claro, compartir experiencias e perspectivas de futuro dunha forma próxima e práctica.

Aínda que a comunidade galega actualmente está totalmente libre de casos de Dermatose Nodular Contaxiosa e lonxe dos focos detectados en Cataluña, os organizadores decidiron, nun acto de compromiso co sector, pospoñer a data do evento ao 27 de febreiro de 2026.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *