A Confederación de Asociacións de Frisoa Española (CONAFE) acaba de publicar a actualización das probas xenómicas de femias correspondentes ao mes de setembro.
Nesta ocasión, e como xa vén sendo habitual, os primeiros postos destas futuras nais, están copados por ganderías galegas. Así, a mellor xovenca por ICO, LSCG 102 PINKFLOYD 883 ET, con nada menos que 5603 puntos e que pertence a Landeira SCG, de Negreira (A Coruña). Trátase dun animal xestado mediante fecundación in vitro por Xenética Fontao. A segunda xata no ranking, PH RAISA 50 REDE ET, tamén pertence á mesma gandería coruñesa, e foi puntuada por CONAFE con 5323 puntos GICO. En canto á terceira posición, ocúpaa CMP HELA 3 BARTENDER ET, con 5278 puntos. Este animal pertence á sociedade formada polas ganderías galegas Mirón, Pistulario e Cunordam.
Este é un resumo das 25 mellores xovencas xenomicas por ICO:
Consulta aquí os resultados completos das Mellores #Xato Xenómicas de España:
– 1.000 Mellores xovencas xenómicas por ICO
– 1.000 Mellores xovencas xenómicas por IGT
– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TLEITE
– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TQUEIXO
– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TPASTO
– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TECO