Ganderías galegas copan os primeiros postos no ranking español de xovencas xenómicas

A Confederación de Asociacións de Frisoa Española (CONAFE) acaba de publicar a actualización das probas xenómicas de femias correspondentes ao mes de marzo.

Nesta ocasión, e como xa vén sendo habitual, os primeiros postos destas futuras nais, están copados por ganderías galegas. Así, a mellor xovenca por ICO, Casagabino Thiem Meiga FIV ET, da gandería Casa Gabino, de Friol (Lugo), sitúase en primeiro lugar con 1356 puntos GICO. É filla de Thiem e de Casabino Precisio.

A segunda posición, con 1350 puntos e tamén filla de Thiem, corresponde a LSCG 376 THIEM 153-FIV ET, da gandería Landeira SCG, de Negreira (A Coruña). E tamén filla do mesmo touro é a terceira xovenca clasificada: GENER THIEM BLUFBY 2576 , da gandería catalana Mas Gener.

Este é un resumo das 25 mellores xovencas xenómicas por ICO, no que as ganderías galegas están amplamente representadas:

As novas valoracións de femias poden consultarse a través de SINBAD e nas listaxeas de mellores xovencas xenómicas:

– 1.000 Mellores xovencas xenómicas por ICO

– 1.000 Mellores xovencas xenómicas por IGT

– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TLECHE

– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TQUESO

– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TPASTO

– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TECO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información