As ganderías de Cantabria tamén disporán da aplicación ContaLáctea creada pola Xunta

A adscrición de Cantabria a esta ferramenta informática plasmouse nun convenio de colaboración asinado co goberno galego, que ten como obxectivo darlles facilidades aos gandeiros cántabros para calcular os custos de produción do leite, entre outras

Cantabria adheriuse a aplicación Contaláctea, impulsada pola Xunta, para facilitarlle o cálculo dos custes de produción aos seus gandeiros de leite. Deste xeito, o conselleiro de Medio Rural, José González explicou que “a adscrición do Goberno cántabro plasmouse nun convenio de colaboración para que os seus gandeiros lácteos poidan beneficiarse dunha aplicación gratuíta, sinxela, accesible e manexable”.

Este instrumento en liña permítelle aos produtores desenvolver a xestión empresarial das súas explotacións e fomentar as negociacións do prezo do leite para mellorar a súa posición. “Controlar os investimentos e os custos de produción, de forma que poidan calcular canto lles custa producir un litro de leite e, o máis importante, a que prezo se debe vender, son algunhas das vantaxes diferenciais que aporta a Contaláctea”, sinala o titular de Medio Rural.

Así mesmo, “esta ferramenta -elaborada en colaboración coa Fundación Juana de Vega- ofrece a posibilidade de emitir unha conta de resultados completa e un informe pensado, precisamente, para ser empregado polos gandeiros como elemento de negociación do seu contrato coa industria. Por iso, seguiremos traballando para incorporar a máis comunidades autónomas a esta liña de acción”, destaca González.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información