Gandería de Mazaricos precisa incorporar persoal

A chegada da campaña de ensilado da herba agrava os problemas de falta de man de obra nas explotacións leiteiras galegas e evidencia as dificultades xeralizadas que hai no sector para atopar empregados

Explotación de vacún de leite da parroquia de Corzón, no concello de Mazaricos, busca persoal para apoio nas labores da gandería. Trátase dunha explotación leiteira familiar ubicada en Quintáns.

Ofrécese contrato a xornada completa con incorporación inmediata. Os traballos a realizar inclúen muxir, así como outras tarefas de manexo e alimentación do gando.

Problema recurrente en moitas granxas

A falta de man de obra e as dificultades habituais para atopar persoal é un problema recurrente nas explotacións leiteiras galegas, que se ve agravado ademáis co inicio das campañas de ensilado da herba e sementeira do millo naquelas ganderías que realizan tamén o traballo agrario con medios propios.  

No caso desta oferta de traballo o emprego é para todo o ano e aínda que buscan preferiblemente unha persoa con experiencia, están dispostos a incorporar a unha persoa allea ao sector, formándoa para o desempeño do posto de traballo, sempre que teña interese en aprender e gañas de traballar. 

As persoas interesadas no posto de traballo poden poñerse en contacto con Emilio no teléfono 676237606.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información