A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A gandería coruñesa Tubío Busto SC instala un sistema de muxido Batch Milking con 8 robots

Noticia_Batch Milking_Tubio Busto SC GEA 4O pasado 6 de marzo GEA organizou unha nova Xornada Next Generation Farming, nesta ocasión enfocada en Batch Milking e nas instalacións da granxa Tubío Busto SC, situada en Lousame, A Coruña.

Estas Xornadas Next Generation Farming combinan exposicións prácticas e teóricas sobre as últimas solucións tecnolóxicas para a xestión e o traballo diario nas explotacións gandeiras, sendo este formato a maneira perfecta para que os gandeiros obteñan unha visión 360º de ata onde podería chegar a súa explotación.

Más de 100 gandeiros de diversas zonas de Galicia déronse cita nesta gandería para ver o funcionamento en vivo dunha granxa equipada con 8 robots DairyRobot R9600 de GEA, operando baixo o sistema Batch Milking, que instalou Farming Agrícola, distribuidor oficial de equipos de muxido automatizado na zona da Coruña para a compañía alemá. Este innovador sistema permite a automatización do muxido por lotes, o que mellora a eficiencia e facilita a xestión das ganderías.

Durante a xornada, os asistentes tiveron a oportunidade de observar o proceso de muxido e aprender sobre o manexo da granxa. Ademais, as charlas técnicas abordaron temas clave sobre o muxido automatizado por lotes, incluíndo as vantaxes e consideracións do manexo de rabaños, o deseño de instalacións e criterios fundamentais para unha implementación exitosa. Un dos momentos máis destacados foi a mesa redonda con representantes de cinco ganderías que xa utilizan este sistema, quen compartiu as súas experiencias sobre como o Batch Milking transformou a súa forma de traballo, mellorando a tranquilidade e a eficiencia na xestión do muxido.

Noticia_Batch Milking_Tubio Busto SC GEA 2

O sistema Batch Milking

O sistema Batch Milking está deseñado para granxas que dispoñen de entre 250 e 1200 animais en muxido, ofrecendo unha solución automatizada que combina a fiabilidade das salas de muxido tradicionais coa avanzada tecnoloxía dos robots. Este sistema é especialmente adecuado para gandeiros que buscan optimizar os seus procesos sen renunciar á experiencia e o control manual.

Ademais, por si mesmos, os robots GEA ofrecen beneficios moi importantes como o seu reconto de células somáticas sen ningún custo engadido en reactivos, a súa capacidade de separar o leite dun teto mentres o resto mándao ao tanque (trátase do único robot do mercado que pode realizar este proceso), a posibilidade de que as bombas de baleiro e aire comprimido se podan compartir con varios boxes e que, ademais, non se requira auga quente para desinfectar as tetoeiras (estas dúas características reducen e optimizan os custos enerxéticos), ou que todas as vacas saian perfectamente muxidas do sistema.

Farming Agrícola, distribuidor oficial de equipos de muxido automatizado GEA na zona da Coruña, con sede en Frades, realizou esta instalación como parte do seu compromiso coa robótica aplicada á gandería. Esta é a segunda implementación do sistema Batch Milking por parte da empresa, tras a primeira instalación de Galicia na gandería Pastora, en Muxía. 

Noticia_Batch Milking_Tubio Busto SC GEA 5

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *