Gandería, agricultura e sector forestal, declaradas actividades esenciais

O Goberno decreta a paralización das actividades non esenciais ata o 9 de abril, pero o sector primario e as empresas que lle presten servizos poderán manter a actividade

Gandería, agricultura e sector forestal, declaradas actividades esenciais

Ensilado de herba. / Arquivo.

O Goberno vén de anunciar a paralización de actividades non esenciais ata o 9 de abril nun intento de frear a expansión do coronavirus. Gandería, agricultura e sector forestal quedan á marxe, pois son consideradas actividades esenciais, igual que as actividades que lle prestan servizos ó sector, como fábricas de pensos, fertilizantes, fitosanitarios, viveiros e empresas de distribución de insumos agrarios.

Toda actividade que non sexa considerada imprescindible deberá ou ben suspenderse ou continuarse vía teletraballado desde a casa, pero non se permitirán os desprazamentos ligados a actividades non esenciais. Todo o sector primario queda á marxe desa suspensión, pois agricultura, gandería, sector forestal e empresas agroalimentarias considéranse imprescindibles para garantir o abastecemento de alimentos da poboación e de produtos de primeira necesidade.

Igual que xa sucedera noutros países, coma Estados Unidos, o Goberno vai optar por declarar a actividade forestal como esencial, pois o suministro de mascarillas e papel hixiénico depende da industria do papel, en tanto que parte dos aserradoiros suministran de material ó sector alimentario (caixas de madeira, palés, envases, etc.), polo que tamén se acordará a súa continuidade, segundo a relación de actividades permitidas que aparece no borrador de orde ministerial ó que tivo acceso a Cadena Ser.

No sector primario, segundo ese borrador, que ten que ser aprobado mañá no Consello de Ministros, aparecen, entre outras, as seguintes actividades ligadas ó sector primario consideradas como esenciais:

– Cultivos non perennes.
– Cultivos perennes.
– Propagación de plantas.
– Produción gandeira.
– Produción agrícola combinada coa produción gandeira.
– Actividades de apoio á gandería, á agricultura ou de preparación posterior da colleita.
– Silvicultura e outras actividades forestais.
– Explotación da madeira.
– Recolección de produtos silvestres.
– Servizos de apoio á silvicultura.
– Procesado e conservación de carne e produtos cárnicos.
– Procesado e conservación de froitas e hortalizas.
– Fabricación de lácteos.
– Fabricación de bebidas.
– Fabricación de produtos alimenticios.
– Fabricación de produtos para a alimentación animal.
– Aserrado e cepillado da madeira.
– Fabricación de envases e embalaxes de madeira.
– Fabricación de pasta de papel, papel e cartón.
– Fabricación de produtos químicos básicos, entre eles fertilizantes, plásticos e cauchos básicos.
– Fabricación de produtos agroquímicos.
– Reparación de produtos metálicos, maquinarias e equipos.


Actualización 30-III-2020: Incertidume no sector forestal sobre o decreto de actividades esenciais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información