A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Gandeiros que traballan coa raza fleckvieh reciben asesoramento gratuito e individualizado de especialistas austríacos

Seis explotacións do norte de España, dúas delas galegas, recibiron a visita dun equipo austríaco especializado nas vacas fleckvieh. Da man de geneticAustria e Ganados Barreira Bascuas, os gandeiros coñeceron os aspectos do manexo nos que hai que incidir para optimizar o rendemento que pode ofrecer este gando de dobre aptitude leiteira/cárnica. Un servizo de asesoría técnica moi valorado polos titulares das explotacións.

FLECKVIEH 2

Máis de 1.500 quilómetros percorreron o experto en alimentación Jonas Schiffer (ISUBA), o director comercial Alexander Manrique Gómez (geneticAUSTRIA), e Antonio Barreira (Ganados Barreira Bascuas) visitando seis explotacións gandeiras que traballan coa raza fleckvieh no País Vasco, Navarra, Castela-León e Galicia.

A xira desenvolveuse baixo a premisa de que a asistencia postvenda, o asesoramento técnico especializado, as viaxes de formación prácticas e o intercambio directo con criadores e técnicos locais no deben verse como un engadido opcional, senón como unha parte esencial do compromiso coa calidade.

O obxectivo das visitas era dar continuidade o acompañamento técnico e apoio directo as granxas que traballan con Fleckvieh austríaco, especialmente nos ámbitos de manexo reprodutivo, alimentación, eficiencia produtiva e adaptación da raza a distintos sistemas de produción.

Dende geneticAustria sinalan que dende 2015 se exportaron arredor de 2.500 animais Fleckvieh a España. De modo que se sitúa entre os dez mercados de exportación máis importantes para Rinderzucht Austria, xunto con Italia, Hungría, Alemania, Irlanda, Suiza, Croacia e Serbia. E só no que vai de ano entregáronse aproximadamente 450 animais o que subliña o elevado interese pola xenética Fleckvieh austríaca en España.

A empresa indica que só se envían a España exemplares de alta calidade contrastada, procedentes de poxas recoñecidas e seleccións dirixidas directamente en explotacións gandeiras. Esto serviu para que os resultados obtidos superen as expectativas. E é que a percepción como raza exclusivamente cárnica deu paso a unha visión moderna como unha raza robusta, altamente rendible e versátil, cun enorme potencial tanto para a produción de leite como de carne.

Malia os avances acadados, os organizadores da xira cren que segue habendo aspectos que se poden mellorar para que as vacas expresen todo o seu potencial produtivo e toda a súa capacidade xenética.

A alimentación e manexo eficiente do rabaño, adaptados en cada caso ás condicións específicas de cada explotación foron os aspectos nos que máis se incidiu. E tamén se tomaron por primeira vez en España mostras de femias reprodutoras para a súa xenotipificación. Reaxustar os concentrados, adiantar as inseminacións e adaptar a ración das vacas secas son claves para o correcto aproveitamento da raza fleckvieh

As granxas visitadas foron:

• Explotación ecolóxica e agroturística Santa Clara, en Zumaia (Guipúscoa)
• Granxa Ametsleku, en Karrantza (Biscaia)
• Facenda Dehesa de Milagro, en Milagro (Navarra)
• Granxa Aires de La Bureva. Santa María del Invierno (Burgos)
• Granxa Mardomo SC, en Sarria
• Granxa Lebón, en Sarria

A preparación previa dos datos e documentación de cada explotación permitiu identificar os puntos críticos e as oportunidades de mellora e emitir recomendacións prácticas adaptadas a cada caso. E van remitir as granxas un informe detallado con accións específicas que abranguen aspectos como manexo podal, alimentación dos xatos, axuste dos horarios de muxidura e formulación e o balance das forraxes e pensos adaptados ás necesidades de cada explotación.

Granxa Mardomo S.C: 120 vacas leiteiras en produción

Esta explotación do concello lugués de Sarria é, posiblemente, a de maior tamaño en Galicia en canto a vacas fleckvieh. Logo dunha longa tradición familiar criando vacas holstein o fillo dos propietarios, Marcos, comezou os pasos para que a granxa fora transformándose progresivamente hacia a cría de fleckvieh, cun total aproximado de 120 vacas produtoras da raza na actualidade.

Levan varios anos traballando coa raza pero aínda hai marxe de mellora para aproveitar todo o potencial xenético dos animais. Durante a visita dos especialistas de geneticAustria e Barreira Bascuas fíxose unha asesoría integral en torno á alimentación, manexo e xenética, co fin de identificar os puntos para optimizar a produción y propoñer accións concretas.

“É un luxo poder contar cun asesoramento altamente especializado e totalmente gratuíto. Sempre hai novas técnicas e avances científicos que non chegamos a coñecer e dominar. Coa presenza dos técnicos temos a posibilidade de mellorar en diferentes aspectos do traballo diario para ser máis rendibles e que as vacas traballen aínda mellor.”, di Marcos.

As fleckvieh adáptanse perfectamente os robots como o que van instalar en Mardomo SC

As fleckvieh adáptanse perfectamente os robots como o que van instalar en Mardomo S.C.

Na explotación teñen pensado instalar a medio prazo un robot de muxidura. Unha medida que requirirá do asesoramento que poden ofrecer os profesionais que participaron nesta visita para que a adaptación dos animais a esa tecnoloxía sexa a máis axeitada e poidan sacarlle todo o partido posible.

“De feito, en canto se presentou a idea de adquirir o robot, eles mesmos se ofreceron para que poidamos deseñar unha estratexia conxunta de alimentación específica para as vacas que vaian entrar no robot.”

Un dos primeiros pasos que se decidiron foi o de traballar sobre a cantidade e composición das forraxes para que sexan as máis axeitadas para as vacas fleckvieh. E tamén se recomendou elaborar unha ración específica para as vacas secas.

AMETSLEKU: Fleckvieh en robot de muxido

Esta granxa de Karrantza, en Biscaia, foi das que maior partido tirou da visita dos especialistas. Porque varias das súas vacas foron seleccionadas para a xenotipificación e porque contrataron como nutriólogo a Jonas Schiffer. “Ata agora viñamos utilizando a mesma ración para holstein e fleckvieh, incluso no robot. Pero non era o axeitado xa que a cantidade de concentrado no robot era excesiva. Agora imos cambiar a ración de pesebre e de robot das fleckvieh, porque lles gusta máis a forraxe que o penso.”, sinala Ernesto Zulueta, un dos responsables da granxa.

O crecemento da fleckvieh en España vai en alza dende 2015 e eso require de máis formación. “Estas visitas son de moita utilidade. Hai un coñecemento que aquí aínda non temos e que se fai imprescindible a medida que vai aumentando a cabana. Tanto geneticAustria como Barreira Bascuas ofrecen de forma gratuíta información que acaba redundando nunha optimización dos animais e nunha maior rendibilidade da explotación.”As vacas fleckvieh desta granxa producen unha media de 33 litros diarios, cuns índices de 4,20 de graxa e 3,60 de proteína, o que leva a que reciban óptimas primas por aporte de sólidos. Coas modificacións que lles propuxeron os especialistas poden facilmente mellorar eses índices a medio prazo.

Ernesto Zulueta (dereita), de Amtsleku, conta con exemplares que van ser xenotipados

Ernesto Zulueta (dereita), de Amtsleku, conta con exemplares que van ser xenotipados

As novas tecnoloxías permiten que o nutriólogo poida traballar dende Austria porque só é precisa a súa presenza cada tres meses para analizar as feces e comprobar se a ruminación é a axeitada. “Nunha soa xornada de traballo deunos claves como engadir máis auga na ración ou reducir os prazos de inseminación e estamos obtendo mellores resultados en canto a cantidade e calidade da produción.”

Actualmente xestionan dúas naves separadas, cada unha equipada cun robot de muxidura: un para as vacas holstein e outro para as fleckvieh. Así poden facer comparativas obxectivas e prácticas entre ambas razas, en canto a produción leiteira, eficiencia alimentaria, saúde animal e rendibilidade do sistema en conxunto. Logo de cinco anos de experiencia con Fleckvieh Austria están convencidos de a raza ofrece claras vantaxes económicas. De cada raza teñen arredor de 50 animais en produción e outros tantos entre recría e secas.

Esta explotación leva medrando dende 2002 de forma continua e sendo un referente no holstein do País Vasco. Incluso tiveron unha campioa europea na casa. Pero as dúbidas sobre a sustentabilidade do sistema a longo prazo e algúns problemas en tanque leváronos a buscar alternativas, sendo que a introdución da fleckvieh trouxo novas posibilidades e perspectivas.

Santa Klara: Moi satisfeitos coa boa saúde e fertilidade da raza

A finca agroecolóxica e agroturística Santa Klara, de Zumaia, Guipúscoa, é unha explotación leiteira ecolóxica ubicada nunha contorna litoral única, con impresionantes vistas á costa do País Vasco. Crían arredor dunhas 70 vacas leiteiras —holstein, fleckvieh e cruzamentos—. Agricultura, produción de leite e turismo rural combínanse de maneira sustentable.

Destaca o feito de que co seu propio leite elaboran produtos lácteos de alta calidade directamente nas instalacións e que os comercializan a través de máquinas expendedoras no hotel que teñen para desenvolver o turismo. Destacan os iogures, que elaboran con lactosa A2, sen azucre e sen pós de leite.

Na explotación din estar moi satisfeitos co rabaño fleckvieh: o estado de saúde e a fertilidade dos animais son, segundo os especialistas, notablemente bos. Entroutros factores, a alta fertilidade débese a presenza dun touro que permanece co grupo.

Maite Mancisidor, responsable da granxa, valora moi positivamente a visita dos técnicos de geneticAustria e de Barreira Bascuas. “É unha raza que aínda está lonxe de ser maioritaria en España. Por eso hai pouco coñecemento e todo o que sexa información útil é moi valorado. Máis aínda se, como neste caso, é individualizado e gratuito.”

Coas frisoas xa tiñan experiencia na anterior xeración e agora están comprendendo o manexo das fleckvieh. E dos cruzamentos de ambas, dos que están moi satisfeitos. “En 2018 acudín a un evento en Austria recomendado polo veterinario que traballaba con nós. Só podo decir que namorei da raza e, cando namoras, xa non miras máis. Pero o certo é que tanto os animais como o servizo de asesoramento e apoio son claves para que sigamos.”

Daquela trouxeran 12 vacas e un semental. Se ben non eran de moita aptitude leiteira, os sucesivos cruzamentos e a selección de doses levou a que hoxe a cabana fleckvieh e a súa descendencia estea a acadar uns índices óptimos de produción de leite. As vacas van para carne cando acaban a súa vida útil e os xatos mándanos e un cebadoiro cando acadan os 100 quilos aínda que a estancia pode ser menor ou maior en función da época do ano.

Dada a boa experiencia que supuxo a visita dos especialistas de geneticAustria e Barreira Bascuas, xa teñen pensado apuntarse no seguinte ciclo de visitas a explotacións fleckvieh, que está previsto para despois do verán. “Hai que aprender teoría e práctica sobre a raza. Cos técnicos e con outras granxas que traballan con esta raza para intercambiar experiencias.”

Aires de La Bureva: Fleckvieh austríaca da liña de carne

Aitor Matute é o titular dunha explotación que se beneficiou da asignación dunhas 550 hectáreas de superficie agrícola. Malia ser un dos poucos gandeiros xóvenes da zona, ten clara a aposta pola gandería e especificamente pola raza fleckvieh. Actualmente, o rabaño consta dunhas 40 xovencas preñadas próximas ao parto, algunhas vacas acabadas de parir coas súas crías, e un touro reprodutor do prestixioso criador Raimund Kreil (Weng, Alta Austria). O estado de saúde e vitalidade dos animais son excelentes.

“A través de Barreira Bascuas coñecín a raza e fun con eles a Austria ver os animais de geneticAustria. Que as mesmas persoas que me asesoraron daquela estean facendo visitas técnicas de xeito gratuíto é algo que valoro moito. Na miña casa teñen as portas abertas porque ademais de aportar melloras técnicas son amigos.”

Aires de La Bureva non comercializa leite, de xeito que todo o que producen as vacas vai para amamantar os becerros. Unha vez destetados, Aitor pode cebalos ou vendelos. O habitual é que as vacas produtoras dean 8.000 litros por lactación. Achegándolles doses de touros cárnicos obtense carne en calidade e cantidade e sen que a vaca perda produción leiteira.

Aitor Matute dispón de 550 hectáreas para alimentar as súas vacas fleckvieh

Aitor Matute dispón de 550 hectáreas para alimentar as súas vacas fleckvieh

“A elección da fleckvieh veu motivada en boa medida pola súa rusticidade. As miñas non proban o penso e, en cambio, comen todo o que da a terra. E adáptanse moi ben ao frío, aparte de ter unha facilidade de parto asombrosa. E eso tanto co touro da casa como con algunha dose que merco recomendado por Alexander e Antonio.”

Nesta explotación cultivan trigo, cebada, alfalfa, esparceta, xirasol…todo un abano de cereais que ademais de coma forraxe serve como pasto porque as vacas fleckvieh comen todo o rastrollo que queda nas leiras. Precisamente o aproveitamento dos cultivos é un dos aspectos nos que se incide nas visitas de geneticAustria e Barrera Bascuas.

O seu proxecto coa raza fleckvieh de Austria comezou ao mesmo tempo que o de Dehesa de Milagro e os dous gandeiros viaxaron xuntos ao país centroeuropeo para seleccionar persoalmente animais en granxas de referencia. De cara ao futuro, planean unha expansión significativa da cabana ata alcanzar 500 animais fleckvieh.

Dehesa de Milagro: Obxectivo de 150 vacas para producir leite en extensivo

Aínda que só levan dende febreiro deste ano traballando coas fleckvieh, o modelo está a funcionar. Actualmente contan cunhas 50 xovencas fleckvieh importadas, e pronto se van sumar máis exemplares adquiridos a través de geneticAustria. O obxectivo do seu propietario, Felipe Hinojosa, é acadar un rabaño de arredor de 150 vacas leiteiras dentro dun sistema extensivo. Está prevista a instalación de tres robots de muxidura directamente no campo. E é que queren chegar a unha produción media de 24 litros por vaca e día.

Os produtos lácteros elaborados con leite de fleckvieh son de alta calidade

Os produtos lácteros elaborados con leite de fleckvieh son de alta calidade

O que fan é un sistema extensivo de pastoreo con muxidura robotizada directamente no campo -un modelo empregado sobre todo en países como Irlanda e Australia-. Aínda que o sistema representa un desafío técnico incluso para os expertos austríacos, logrouse establecer pautas concretas xunto co responsable do proxecto para implementar a iniciativa baixo o acompañamento técnico de Rinderzucht Austria.

No caso de Dehesa de Milagro, o proxecto aínda está nunha fase inicial polo que haberá que seguir observando a evolución nos vindeiros meses e incluso anos. Non en van, trátase dunha explotación concebida para a cría de cabalos de carreiras na que a produción de leite é aínda algo secundario.

Con todo, o seu responsable quixo participar nas visitas de asesoramento para ter un contacto directo coas persoas que axudaron a poñer en marcha a explotación das vacas baseada nunha rigorosa selección xenética.

Felipe Hinojosa (centro) lleva desde febrero apostando por la raza fleckvieh en pastoreo

Felipe Hinojosa (centro) lleva desde febrero apostando por la raza fleckvieh en pastoreo

Colaboración con Barreira Bascuas

Para desenvolver as visitas, foi fundamental a colaboración entre geneticAustria e Ganados Barreira Bascuas. Dende hai case dez anos, Barreira é o socio exclusivo e representante oficial de geneticAustria en España. E é que comparten un obxectivo común: ofrecer xenética de alta calidade cun acompañamiento integral ao gandeiro.

Antonio Barreira e Jonas Schiffer durante unha das visitas

Antonio Barreira e Jonas Schiffer durante unha das visitas

Os especialistas austríacos aproveitaron a súa presenza en Galicia para visitar as instalacións de Barreira. Trátase dun espazo con capacidade para máis de 300 animais procedentes de diferentes países europeos con exemplares de fleckvieh, azul belga, limousin, holstein, parda suiza e outras.

Dende geneticAustria sinalan que o aumento do interese pola fleckvieh austríaca en España débese as características de robustez, fertilidade, fácil manexo, produción leiteira con altos sólidos e excelente calidade cárnica. E tamén inflúe o labor de Barreira Bascuas en comercialización, seguemento técnico, selección personalizada dos animais directamente en orixe, loxística de transporte, asesoramiento técnico, e viaxes técnicos a Austria, para que os gandeiros coñezan a fondo a raza.

Conclusións das visitas

Schiffer e Manrique identificaron retos comúns no manexo da raza debidos principalmente á falta de coñecemento técnico por parte dalgúns gandeiros e asesores. Algo que cren que se vai superar con diálogo aberto, interese por mellorar e pola alta receptividade fronte as propostas especializadas sobre todo no relativo a manexo reprodutivo, alimentación e uso eficiente dos recursos.

Cren tamén que se conseguiu transmitir que a fleckvieh é unha opción versátil capaz de render eficientemente en sistemas de produción diferentes: dende extensivos e ecolóxicos ata explotacións intensivas, e todo tanto en produción leiteira como cárnica. Así, os gandeiros comprobaron a capacidade de adaptación, un rendemento equilibrado e unha rusticidade que fan da raza unha “alternativa estratéxica, sustentable e economicamente atractiva para moi diferentes modelos de granxa.”

Os especialistas austríacos consideran óptimo o estado dos animais nas granxas visitadas

Os especialistas austríacos consideran óptimo o estado dos animais nas granxas visitadas

O que se comprobou nas granxas é que tanto as xovencas acabadas de incorporar como as adultas que levan entre dous e cinco anos nas instalacións presentaban un excelente estado. Saúde, condición corporal e aspecto exterior eran óptimos, o que reflicte, segundo os técnicos, un manexo profesional e condicións de aloxamento favorables.

Eso si, un aspecto a mellorar é que moitas granxas inseminan as fleckvieh a partir dos 100 días de lactancia, algo que non lles vai ben. Por eso, insistiron en axustar os protocolos reprodutivos porque a fisioloxía da fleckvieh fai que poida ser cuberta moito antes que a holstein, mellorando os índices de fertilidade e reducindo o intervalo entre partos.

Tamén se detectou nalgúns casos un uso elevado de concentrado, con racións que superaban os 15 quilos por vaca e día. Así, propuxéronse axustes no deseño das racións e explicouse que tamén é posible alcanzar excelentes niveis de produción con menos concentrado se se maximiza a calidade da forraxe e se mantén un balance nutricional adecuado.

Os responsables da xira de visitas subliñan positivamente a actitude receptiva, aberta e agradecida de todos os produtores visitados, quenes demostraron un grande interese en seguir mellorando o seu manexo produtivo, especialmente nas áreas de nutrición, eficiencia reprodutiva e uso racional dos recursos.

En resumo, aseguran que as explotacións están motivadas e comprometidas, e contan cun enorme potencial para seguir desenvolvendo a cría de fleckvieh a un nivel elevado de produtividade, eficiencia e sustentabilidade.

E opinan que foi unha valiosa oportunidade para o intercambio técnico entre criadores e para confirmar os bos resultados do labor que desenvolve Ganados Barreira, non só como comercializador, senón como seleccionador, asesor técnico e socio estratéxico das marcas Rinderzucht Austria, Fleckvieh Austria e geneticAUSTRIA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *