Data inicio: 05/11/2018
Data fin: 07/11/2018
Lugar: Aula de Productos Lacteos, Rúa Montirón, Lugo, España
Os vindeiros días 5 e 7 de novembro celebrarase a “Xornada Técnica: As Posibilidades da Transformación de Produtos Lácteos”, que organiza a Oficina Agraria Comarcal de Lugo, en colaboración coa Aula de Productos Lácteos da Universidade de Santiago e o colectivo de gandeiros AGROMURALLA.
Programa
Día 5 de novembro:
APLTA (Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías AlimentarIas (USC) – Rúa Montirón 150 – Lugo)
16:00h As industrias lácteas: visión xeral e principais liñas de transformación do leite.
18:00h Os produtos lácteos. Que hai no mercado? Os produtos lácteos vinculados á tecnoloxía.
Impartido por persoal técnico da APLTA-USC
Día 7 de novembro, mércores (viaxe a Zamora)
7:00h Saída en autocar da APLTA (rúa Montirón 150 – Lugo)
11:00h Visita á cooperativa GAZA en Zamora (o xantar será por conta de cada quen)
20:00 Chegada a Lugo (APLTA)
Inscrición: Presentar as solicitudes na OAC de Lugo antes das 14:00 h do día 5 de novembro, por fax: 982294937 ou mail: xbruna@xunta.es
Esta acción de transferencia está incluída dentro do plan de transferencia do agro galego 2018.