
Imaxe do río Mandeo preto da captación do polígono de Teixeiro esta semana
A escaseza de auga nos ríos e regatos da comarca de Betanzos pon en xaque as explotacións agrogandeiras. Esta semana, din os afectados, técnicos de Medio Ambiente desprazáronse á zona de captación para o concello e o polígono industrial de Teixeiro e constataron o notorio descenso do caudal do río Mandeo.
Hai zonas do Mandeo de 12 metros de ancho onde apenas hai un metro de auga de profundidade. incluso están a morrer troitas, como xa denunciaron algúns pescadores. E Problemas similares xa se están a detectar na comarca de Bergantiños, especialmente na concello de A Laracha. O río Anllóns tamén presenta unha cantidade moi baixa de auga.
Por outro lado, temen que a vaga de calor que se agarda para a semana que ven acabe por provocar restricións moi severas que afecten aos cultivos e mesmo ao consumo das vacas e limpeza das granxas.
Os efectos da falta de auga no millo van provocar perdas económicas a futuro porque haberá que mercar forraxes noutras zonas
Os afectados lembran que a cantidade mínima de auga que ten que inxerir diariamente unha vaca para poder dar leite suficiente é de 80 litros e que no verán esa cifra pode incrementarse ata 120 litros nos momentos de máis calor. E todo eso sen descoidar os labores de limpeza das instalacións, que se realizan varias veces no día.
Así, xa se agoira unha mala colleita de millo, o cal redundará en perdas económicas para as explotacións gandeiras, que terán que mercalo noutros lugares. E nun contexto de caída da produción de cereais en toda España por causa da seca, co conseguinte encarecemento do que haxa dispoñible. Sen esquecer que o gandeiro sempre anteporá dar de beber as vacas e limpar, como mínimo, os sistemas de muxido antes que destinar a auga a regar o millo.
Os horticultores sinalan que, aínda que agora xa non sería unha solución técnica, de cara ao futuro sería unha boa solución que se permita establecer dispositivos de recollida da auga que escorre polos invernadoiros cando chove e que se pode almacear e empregar en momentos de escaseza. Algo que veñen reclamando dende 2017.
Dende as explotacións afectadas denuncian que os requisitos para poder establecer captacións de augas son tremendamente rigorosos e complexos. Por exemplo, habería que instalar contadores independentes nas zonas onde se vaia coller a auga e, ademais, estaría prohibido captar nos momentos de pouco caudal.

A seca e a imposibilidade de regar deixaron o millo sen o crecemento necesario
Así, recoñecen que a seca é un problema de difícil solución pero reclaman un papel activo por parte da administración, especialmente de Augas de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente, para poder garantir a viabilidade da produción agrogandeira.
Os afectados ven estrano que en só catro meses se baleiraran as concas de ríos e regatos que estaban cheas a comezos de marzo
E entenden que tamén hai que manter a actividade industrial dos polígonos pero reclaman un reparto equitativo dos recursos hídricos para que todos poidan sacar adíante o seu traballo nunhas circunstancias tan difíciles.
A única solución, aseguran, semella ser a chuvia. Pero non abonda con que chova un día; tería que chover como mínimo durante 15 días seguidos para que se puidera retomar unha situación próxima á normalidade. E Tampouco ven viable que se leven camións cisterna cargados de auga á zona afectada. Porque sería poñer un parche inútil a un problema grave e crear outro problema nas zonas onde non o había.
Ademais, ven estrano que, hai catro meses, se falara de que as concas estaban cheas e en só 120 días practicamente se baleiraran os ríos e regatos desta zona. E máis cando xa hai semanas que se entrou en prealerta por seca e se restrinxiron usos como o enchido de piscinas, a rega de xardíns ou o lavado de coches.
Galego









Control OJD