Gandeiros e agricultores galegos asistirán en Madrid á mobilización do mércores 11 contra Mercosur

A Asociación do Sector Primario de Galicia, que mantén cortes na autovía A-52 ao seu paso pola Limia, ten previsto o desprazamento á mobilización en autobuses

Gandeiros e agricultores galegos asistirán en Madrid á mobilización do mércores 11 contra Mercosur

Dos colectivos de ámbito estatal, Unión de Uniones de Agricultores y Ganaderos e UNASPI (Unión de Asociaciones del Sector Primario Independientes) anuncian que xa se puxeron en marcha tractores dende distintas rexións como Castela e León para chegar a Madrid este mércores, con motivo da tractorada que convocaron. De Galicia está prevista a presenza da Asociación do Sector Primario de Galicia, que leva o peso das protestas de Ourense, nas que están a cortar esta tempada a autovía A-52 ao seu paso por Xinzo.

A asociación galega organizou autobuses desde distintos concellos de Ourense. A mobilización conta tamén co apoio de Agromuralla.

Os convocantes prevén que ata a capital cheguen agricultores e gandeiros de distintos puntos do Estado, desde Galicia ata Andalucía, para reivindicar e poñer o acento nas políticas agrarias que, “lonxe de ir dirixidas ao campo, estarían a acabar coa soberanía alimentaria e provocando grandes diferenzas e competencia desleal con países terceiros”.

A organización lembra que, a pesar da paralización do acordo UE- MERCOSUR polo Tribunal de Xustiza da UE non significa que se abandonou a súa posta en marcha, dado que a Comisión Europea estaría a tentar que entrase en vigor provisionalmente, polo que hai que seguir mantendo o pulso.

Resaltan que os produtores non poden competir sobre todo nun mercado no que a lei da cadea alimentaria non funciona e a industria e a distribución quedan cunha marxe -din- que provoca unha brecha cada vez máis grande entre prezos en orixe e destino.

A falta de rendibilidade que desincentiva o relevo xeracional, os recortes da PAC ou os protocolos de sanidade animal, “que non están actualizados e/o non se implementan con axilidade”, son outros dos grandes temas que levan ás organizacións á rúa, co obxectivo de que o campo sexa de verdade unha cuestión de estado.

“Non é un asunto só dos agricultores e os gandeiros. É a sociedade enteira. Todos temos o costume para comer, polo menos, tres veces ao día, e todos quereriamos que o que comemos sexa bo para a saúde”, comenta #Luis Cortés, coordinador estatal de Unión de Unións.

A organización recibiu o venres 6 de febreiro a resolución gubernativa na que se prohibe a entrada de máis de 500 tractores a Madrid. Nesta comunicación, ademais, por motivos tamén de seguridade, modificouse o percorrido e a comitiva discorrerá ao completo desde a Praza Colón ata o Ministerio de Agricultura, pasando polo Paseo de Recoletos e o Paseo do Prado, non podendo acceder os tractores á rúa Santa Isabel e obrigándolles a continuar a marcha.

A pesar disto, as cinco columnas seguen sendo as mesmas: Torrejón de la Calzada, Guadalaxara, El Espinar, Robregordo e Arganda del Rey, aínda que algúns dos roteiros subdivídense en distintas vías de entrada á capital.

Finalmente, Unión de Uniones e UNASPI celebrarán un acto reivindicativo no que participarán todos os territorios das organizacións presentes e entregaranlle a táboa reivindicativa ás autoridades competentes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información