A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Gandeiros de toda España déronse cita na Terceira Xornada da raza Fleckvieh

Gandeiros de toda España déronse cita o pasado venres, 18 de novembro, na Terceira Xornada Fleckvieh España, celebrada nesta ocasión nunha das granxas máis representativas desta raza a nivel nacional, a gandería Ametsleku, no Val de Carranza (Biscaia).

Esta xornada foi organizada pola Asociación de Criadores da Raza Fleckvieh de Baixa Austria – NOEGENETIK, empresa exportadora oficial geneticAUSTRIA GmbH, a Asociación de traballo da raza Fleckvieh Austria e a empresa importadora exclusiva para España, Ganados Barreira S.L.

O enxeñeiro Alexander Manrique Gómez abriu a sesión técnica cunha conferencia sobre “Fleckvieh Dobre Propósito – Unha proposta que está a cambiar o mundo”, na que destacou a crecente demanda que está tendo esta raza a nivel internacional pola súa boa aptitude tanto láctea como cárnica, e os seus índices de saúde, reprodución e producións vitalicias.

A continuación, Antonio Barreira, responsable de Ganados Barreira SL, explicou os servizos integrais que ofrecen ás ganderías para a importación tanto de animais como de seme dende Austria, referente mundial desta raza. Así, os gandeiros españois teñen á súa disposición o mesmo catálogo de touros que en Austria, asi como como un servizo de acoplamentos e, por suposto, importación de animais directamente das subastas que se organizan no país alpino.

Pola súa parte, o enxeñeiro Thomas Tüchler explicou as claves para a alimentación do gando Fleckvieh, unha raza que destaca por ser moi eficiente na conversión de forraxe en leite e carne.

Neste sentido, e ao igual que o resto de gando bovino, incidiu na importancia de evitar fluctuacións no PH do rume, que debe oscilar entre 5,6 e un nivel óptimo de 6,2 puntos para manter nas mellores condicións a flora bacteriana ruminal, os microorganismos que se encargan de dixerir o alimento. A este respecto, lembrou a importancia de racionar e espaciar o consumo de penso.

Como avaliar correctamente a conformación do gando Fleckvieh? Este foi o eixo central da ponencia de Stefan Mitterböck, que explicou como funciona o sistema de puntuación FleckScore, mediante o que se avalían os trazos fisicos que inciden na lonxevidade e resultados produtivos de cada animal.

Por último, Hans Kerkhof, da empresa holandesa X Sires, informou de como cada vez máis ganderías de vacún de leite de Holanda están incorporando a raza Fleckvieh tanto en cruces como en pureza para mellorar o manexo dos animais (vacas de carácter manso e con menos problemas de saúde e de partos, o que redunda en menos necesidade de man de obra), como tamén ambientais (menor necesidade de recría e maior lonxevidade, co que afrontan mellor as limitacións ás emisións de fósforo que esixe o goberno holandés ás ganderias).

A terceira Xornada Fleckvieh España rematou cun xantar e cunha visita a granxa Ametsleku, onde os asistentes puderon comprobar in situ a calidade xenética do seu rabaño.

Foto de familia da xornada: 

fleckvieh austria grupo 22 2 apaisada

Entrega da choca Fleckvieh Austria a Gandería Ametsleku como agradecemento:

FLECKVIEH AMETSLEKU 1

Animais fleckvieh austríacos na gandería Ametsleku:

FLECKVIEH AMETSLEKU 2jpg FLECKVIEH AMETSLEKU 3

Visita a Ganados Barreira SL en Lugo:

FLECVIEH BARREIRA 1 FLECVIEH BARREIRA 2

Visita á Gandería Agrícola Junquera Colmeiro SC:

FLECVIEHT GRANXA MANUEL JUNQUERA 6 FLECVIEHT GRANXA MANUEL JUNQUERA 5 FLECVIEHT GRANXA MANUEL JUNQUERA 4

Visita á gandería de Juan Gómez González:

FLECKVIEH GAN JUAN GOMEZ GLEZ

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *