Gandeiros de México e Ecuador visitan esta semana granxas galegas que fan cruzamentos

A expedición, formada por 35 persoas, coñecerá o traballo de 4 ganderías que levan máis dunha década seguindo o sistema Procross, cunha mellora evidente nos seus resultados produtivos e económicos

Algúns dos asistentes a unha visita realizada en 2023 por gandeiros españois a Villameitide SL, en Trabada (Lugo)

Algúns dos asistentes a unha visita realizada en 2023 por gandeiros españois a Villameitide SL, en Trabada (Lugo)

As primeiras explotacións galegas que se decidiron a facer cruzamentos nos seus rabaños de vacas frisonas seguindo o sistema Procross para mellorar aspectos produtivos, de fertilidade e de saúde do gando fixáronse en ganderías de EEUU e de países europeos como Holanda, Dinamarca ou Portugal. 

Agora, máis de 10 anos despois, estas ganderías galegas pioneiras servirán de exemplo a explotacións de México e Ecuador. Unha expedición de 35 persoas, formada por gandeiros, técnicos e distribuidores de xenética destes países centroamericanos, visita esta semana Galicia para coñecer de primeira man o funcionamento de catro destas granxas, situadas nas provincias da Coruña e Lugo. 

Os gandeiros e técnicos centroamericanos poderán acceder aos datos das explotacións e coñecer de primeira man os seus resultados produtivos e de rendibilidade económica

A visita forma parte dunha viaxe por Europa que os levará tamén a coñecer ganderías en Francia de vacas montbeliarde, unha das tres razas, xunto coa roja sueca e a frisona, que conforma o sistema de cruzamento rotacional Procross. 

Entre as explotacións que visitarán en Galicia hai tanto granxas con robots como ganderías con muxidura en sala, tanto 2 como 3 veces ao día

A chegada a Galicia está prevista para o xoves 6 ao mediodía. Pola tarde, iniciarán a súa visita na gandería Pazos SCG, ubicada en Olveira (Dumbría). Ao día seguinte, o venres 7, coñecerán tres granxas na provincia de Lugo, Villameitide SL, situada en Trabada, Condado SL, en Castro de Rei e Gallardo SC, en Guntín. 

As visitas están organizadas por Global Genetics, empresa responsable do sistema Procross en España. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información