Un grupo de 12 gandeiros de Galicia, País Vasco e Aragón participaron a pasada semana no post congreso Agrotour 2022, un evento organizado por GeneticAustria para coñecer en directo os avances que está a experimentar esta raza, recoñecida pola súa alta rendibilidade, ao combinar elevadas producións de sólidos e leite, excelentes rasgos de saúde e lonxevidade e unha boa valoración polas súas calidades cárnicas.
Nesta ocasión o Agrotour, ao que asistiron un total de 124 profesionais da gandería de 31 países, celebrouse despois do Congreso Mundial Fleckvieh / Simmental, así como a Exhibición Nacional de Fleckvieh, organizados por Fleckvieh Austria e a Federación Mundial de Criadores de Fleckvieh / Simmental (WSF), e que se celebraron tamén en Austria do 30 de agosto ao 04 de setembro.
Os participantes no Agrotour coñeceron de primeira man diversas granxas líderes en Austria na produción de leite con Fleckvieh, unha raza que representa máis do 80% da cabana das ganderías de vacún de leite do país alpino. En vindeiros artigos daremos a coñecer de xeito máis detallado cada unha das explotacións visitadas no congreso e post congreso Agrotour.
Foto dunha visita a unha granxa na rexión de Baixa Austria con 100 vacas en muxido, todas elas de raza Fleckvieh:
Ademais, os asistentes visitaron os centros de inseminación das rexións de Alta e Baixa Austria, onde puideron ver de preto os mellores touros Fleckvieh, líderes a nivel mundial, como GS Win Again, Weissensee, GS Der Beste, Wiko, GS Woiwode, Wirdbelwind PS, GS Wintertraum, Herzpower, GS Wundawuzi, GS Duplo, Mahindra PS, GS Defacto, GS Zero One, Halloumi, GS My Best, GS Hoeri, GS Winten…Todos eles están dispoñibles en España a través do importador oficial de Genetic Austria, a empresa galega Ganados Barreira.
Vídeo da visita ao Centro de Inseminación de Alta Austria:
Ademais, os participantes no Agrotour puideron tamén asistir a a Exhibición Nacional de Fleckvieh, onde se puideron ver os mellores animais desta raza, destacando as fillas dos touros WEISSENSEE, WOIWODE e DER BESTE
Vídeo da Exhibición Nacional de Fleckvieh: