Gandeiros de 42 municipios galegos beneficiaranse das axudas ministeriais para afectados por grandes incendios

O Consello de Ministros aprobou as subvencións para as que destinan un orzamento estimado de 27 millóns. De euros, dos que se beneficiarán uns 4.000 agricultores e gandeiros

Gandeiros de 42 municipios galegos beneficiaranse das axudas ministeriais para afectados por grandes incendios

O Consello de Ministros aprobou hoxe un real decreto polo que se regula a concesión directa de axudas para compensar os danos producidos na actividade agraria polos incendios acaecidos o pasado verán. O Ministerio de Agricultura estima que estas axudas terán uns 4.000 beneficiarios, dos que 1.500 son gandeiros en extensivo, e que a contía total pode ascender a uns 27 millóns de euros.

A xestión e concesión destas axudas realizarase de oficio polo Ministerio, sen que os interesados deban realizar ningún tipo de trámite. O ministro Luis Planas asegurou que o obxectivo é que as axudas estean concedidas e abonadas antes do 31 de decembro de 2025.

Estas subvencións serán compatibles coas indemnizacións das comunidades autónomas e as que poida financiar a Unión Europea mediante a reserva agrícola que solicitou España. Trátase dunha axuda de minimis coa que o Goberno quere apoiar de maneira rápida a dispoñibilidade de fondos dos agricultores e gandeiros para facer fronte aos gastos e perdidas que poidan ocasionarlle os incendios, con independencia das indemnizacións que lles correspondan polos seguros que tivesen contratados.

A axuda será o equivalente ao 20 % dos ingresos agrarios, e establécese un límite mínimo de 1.500 euros para todos aqueles beneficiarios

Terán dereito á axuda os titulares das explotacións agrarias afectados polos incendios que teñan uns ingresos agrarios declarados á Administración tributaria superiores a 1.000 euros no ano 2024, e sempre que as parcelas agrícolas ou explotación gandeira correspondente estean correctamente rexistradas nos rexistros oficiais.

A axuda será o equivalente ao 20 % dos ingresos agrarios, e establécense un límite mínimo de 1.500 euros para todos aqueles beneficiarios aos que o cálculo resulte inferior a esta cifra e un tope máximo de 10.000 euros para os casos en que resulte unha cantidade superior. Estes límites ampliaranse a 6.000 e 16.000 euros respectivamente para os agricultores e gandeiros que fosen indemnizados polo seguro agrario por danos causados polos incendios.

Os novos agricultores e gandeiros que iniciasen a súa actividade no ano 2025 coa condición de persoa moza establecida no Plan Estratéxico Nacional da Política Agraria Común (PAC) e presentasen por primeira vez a solicitude única nesta campaña, terán dereito a unha axuda fixa de 1.500 euros.

Así mesmo, co obxecto de promocionar e apoiar o sistema de seguros agrarios e dar un apoio adicional aos agricultores e gandeiros que os subscribiran, o real decreto eleva a subvención do ministerio á contratación do seguro ata un 70 % do custo da póliza.

O ministro, Luis Planas, asegurou que “o Goberno quixo, unha vez máis, adoptar medidas de axuda eficaces que sexan un complemento á recuperación dos danos sufridos”.

Relación de municipios galegos afectados polos incendios

 concellos incendios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información