As gandeiras galegas Marta Álvarez e Ana Corredoira galardoadas nos premios TalentA

Xunto ás galegas promotoras de As vacas da Ulloa SCG, Fademur e Corteva Agriscience tamén premiaron os proxectos La Balluca e La abejera de EcoAlPispa

As gandeiras galegas Marta Álvarez e Ana Corredoira galardoadas nos premios TalentA

De esquerda a dereita, Natalia Díaz, finalista por EcoAlpispa; Judith Iturbe, gañadora por La Balluca; Isabel Bombal, representante del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación; Teresa López, presidenta de Fademur; Manuel Melgarejo, presidente para Iberia de Corteva Agriscience; e Ana María Corredoira e Marta Álvarez, finalistas por leite Sen Máis.

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais en España (Fademur) e a compañía agrícola Corteva Agriscience  presentaron este luns ás gañadoras de 2022 do Programa TalentA, nun evento virtual enmarcado no Día internacional das Mulleres. Estes premios buscan recoñecer proxectos innovadores de emprendemento rural e empoderar ás mulleres rurais. 

Nesta edición, as gandeiras galegas Marta Álvarez e Ana María Corredoira resultaron finalistas, co seu proxecto As Vacas da Ulloa SCG, que a través da cooperativa de dúas ganderías tradicionais unidas pola marca “Sen Máis”, encárgase do envasado, transformación e comercialización de leite e derivados ecolóxicos. Creada por dúas familias gandeiras, con case 20 anos de dedicación á agricultura e gandería ecolóxicas, Marta e Ana María queren darlle valor engadido ao seu proxecto de produción primaria a través da innovación e o desenvolvemento, pero tendo moi presentes a tradición e cultura rural.

Nesta terceira edición do Programa TalentA, o primeiro premio foi para Judith Iturbe polo seu proxecto La Balluca, unha microcervexeira 100% artesanal, na que non intervén maquinaria en ningunha fase do proceso de elaboración e para a que se utilizan tan só 4 ingredientes: auga, malta, lúpulo e fermento. Cunha produción anual de 3.000 litros, é unha das cervexeiras artesás máis pequenas de España, situada en Milmarcos (ao norte da provincia de Guadalaxara), que ten como misión a de ser unha produción de cervexas sostible e contribuír á agricultura da zona, de quen obtén os ingredientes necesarios para a súa elaboración.

Doutra banda, Natalia Díaz recibiu un dos premios finalistas por La abejera de EcoAlpispa, un proxecto que fabrica ecoenvoltorios feitos coa cera das máis de 200 colmeas das que dispón a través da apicultura ecolóxica no municipio de Icod de los Vinos (Tenerife). Recentemente, Natalia traballou por desenvolver unha nova forma de contribuír á contorna, onde poder levar a cabo actividades de educación ambiental e de ecoagroturismo, e transmitir o amor polas abellas e formación sobre o labor que realizan.

Os tres proxectos finalistas contarán con acceso á lanzadeira de emprendedoras rurais Ruraltivity, de Fademur, que inclúe programas de formación sobre diferentes áreas de negocio (comercio electrónico, uso de redes sociais, plan de negocio, técnicas comerciais, etc.) e asesoramento empresarial continuo durante todo o ano, así como unha campaña de difusión e visibilidade entre asociadas, institucións, medios de comunicación e redes sociais. Ademais, Judith Iturbe como gañadora, recibirá unha dotación económica por valor de 8.000 euros para impulsar o seu proxecto, La Balluca.

Xurado e asistentes

O xurado, formado por representantes expertos de ámbalas dúas entidades, valorou diferentes criterios que van desde a innovación, a loita contra o despoboamento, o impacto e a sustentabilidade, o empoderamento económico ata a posibilidade de réplica do negocio, para atopar os proxectos merecedores de converterse en finalistas este ano.

O acto foi inaugurado por Isabel Bombal, directora xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, quen entregou os premios. Ademais, contou coa participación de Teresa López, presidenta de Fademur, e Manuel Melgarejo, presidente de Corteva para España e Portugal.

O programa TalentA, que naceu en 2019, busca poñer de relevo o papel clave que as mulleres rurais desempeñan no sector e apoialas no desenvolvemento dos seus proxectos a través de formación, visibilidade e financiamento. Desde a súa creación recibiron máis de 215 candidaturas de emprendedoras de toda España, con proxectos que van desde a produción sostible de queixos, o deshidratado solar de froitas e verduras ata a promoción do benestar animal e a alimentación saudable do gando, entre outros.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información