Dekalb, marca líder en sementes de millo e integrada na multinacional Bayer, celebrou este xoves en Toques (A Coruña) unha xornada de entrega dos premios da quinta edición do concurso Dekalb+Silo, que organiza para premiar ás gandarías de vacún de leite que lograron mellores rendementos de millo forraxdeiro na campaña 2025.
Uns 200 profesionais do sector, entre gandeiros e técnicos, déronse cita no restaurante Xaneiro na entrega de premios deste certame, do que Anxo Valiño, responsable do departamento de desenvolvemento de mercado de Bayer para a Cornixa e Castela e León, salientou a súa elevada participación, con 148 ganderías.
Listaxe de premiados
O concurso Dekalb+Silo ten como obxectivo dar máis valor a lograr un silo de millo de calidade. Estes son os premiados nas dúas categorías nas que se estruturou:
1) En colleita: Premios para as mellores calidades de mostras en verde medido en litros de leite por tonelada de materia seca de millo forraxeiro logradas:
-Primeiro premio (1000 euros): Para a gandería a gandería Granxa Capilla SC, de Malpica (A Coruña), unha explotación con 155 vacas en muxido robotizado e que cultiva unhas 40 hectáreas de millo . Logrou 1909 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb DKC 5432.
-Segundo premio (600 euros): Gandaría Facal SL, da Laracha (A Coruña), unha granxa con 70 vacas en muxido e que cultiva unhas 36 hectáreas de millo. Logrou 1894 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb DKC 4897. “Semento normalmente o DKC 5194, pero a miña zona é bastante mollada e o millo non acababa de completar ben o ciclo, polo que o ano pasado decidín pasar a un ciclo algo máis curto e parece que a decisión foi boa”, comentou o gandeiro.
-Terceiro premio (400 euros): Gandaría SAT Pose García, de Ponteceso (A Coruña). Logrou 1875 litros de leite/tonelada de materia seca cun DKC 5911. Esta explotación conta con 185 vacas en muxido e sementa unhas 75 hectáreas de millo. O seu propietario destacou que “dos ciclos 500, o DKC 5911 é o máis dixestible: é certo que non ten un gran porte pero compénsao cunha moi boa mazaroca”.
2) En silo: Premios para as mellores producións medidas en litros de leite por hectárea. Para iso tomouse unha mostra do silo e cubicáronse os silos, expresando o resultado en litros de leite por hectárea logrados polo millo ensilado, premiando ás mellores producións segundo o ciclo de millo.
-Ciclo curto (1000 euros): Ganadería Folgueira SC, de A Pastoriza (Lugo), que logrou 26235 litros de leite por hectárea cun DKC 4098, un ciclo 280. Esta explotación conta cunhas 85 vacas en muxido a cultiva unhas 20 hectáreas de millo. “Trátase dun ciclo curto adaptado ás condicións da Pastoriza. Estou encantado con esta variedade porque produce cantidade e pecha moi ben a mazaroca”, destacou o gandeiro.
-Ciclo medio (1000 euros): Gandaría Oliver SC, de Mesía (A Coruña), que logrou 34102 litros de leite por hectárea cun DKC 5404, un ciclo 400. Esta explotación conta con 69 vacas en muxido e sementa unhas 26 hectáreas de millo.
-Ciclo curto (1000 euros): Gandaría Sánchez Villar, de Arzúa (A Coruña), que logrou 32863 litros de leite por hectárea cun DKC 5911. Trátase dunha explotación cunhas 70 vacas en muxido e cultiva unhas 25 hectáreas de millo.
Xornada técnica de formación
Ademais da entrega de premios, a xornada organizada por Dekalb tamén serviu para coñecer unhas das maiores ganderías de vacún de leite de Portugal, Teixeira do Batel, ubicada en Vila do Conde, no norte do país.
Seguidamente, representantes de Bayer explicaron as claves para o control das malas herbas en millo, tanto en pre como en post emerxencia. A continuación, presentáronse os insecticidas de Bayer para control de vermes e as últimas novidades do catálogo de millo de Dekalb para 2026.
A xornada formativa proseguiu coa presentación da ferramenta FieldView, que permite aos gandeiros optimizar o cultivo do millo e ter un maior control sobre o manexo de cada parcela. Por último, presentáronse os biostimulantes que ofrece Bayer para o cultivo do millo, mellorando a súa resistencia a situacións de estrés como aplicación de herbicidas, seca ou golpes de calor.
Fotos das ganderías premiadas:

Galego









Control OJD