A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Gandarías premiadas por Dekalb por lograr os mellores rendementos de millo forraxeiro en 2024

xornada dekalb 2025 premios 1Dekalb, marca líder en sementes de millo e integrada na multinacional Bayer, celebrou este mércores en Toques (A Coruña) unha xornada de entrega dos premios da cuarta edición do concurso Dekalb+Silo, que organiza para premiar ás gandarías de vacún de leite que lograron mellores rendementos de millo forraxdeiro na campaña 2024.

Uns 150 profesionais do sector, entre gandeiros e técnicos, déronse cita no restaurante Xaneiro na entrega de premios deste certame, do que Anxo Valiño, responsable do departamento de desenvolvemento de mercado de Bayer para a Cornixa e Castela e León, salientou a súa elevada participación, con 134 ganderías.

Listaxe de premiados

O concurso Dekalb+Silo ten como obxectivo dar máis valor a lograr un silo de millo de calidade. Estes son os premiados nas dúas categorías nas que se estruturou:

1) En colleita: Premios para as mellores calidades de mostras en verde medido en litros de leite por tonelada  de materia seca de millo forraxeiro logradas:

-Primeiro premio (1000 euros): Para a gandería Lodos e Pérez SC, da Pastoriza (Lugo) . Logrou 1887 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb DKC 5144, un ciclo 400 de altas producións.

-Segundo premio (600 euros): Gandaría Jorge Rodríguez Mosquera, de Carral (A Coruña). Logrou 1777 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb DKC 5110, un ciclo 400 corto.

-Terceiro premio (400 euros): Gandaría SAT PESADOIRA SC, de Negreira (A Coruña). Logrou 1764 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb, coa variedade DKC 5110, un ciclo 400 corto.

2) En silo:  Premios para as mellores producións medidas en litros de leite por hectárea. Para iso tomouse unha mostra do silo e cubicáronse os silos, expresando o resultado en litros de leite por hectárea logrados polo millo ensilado, premiando ás mellores producións segundo o ciclo de millo.

-Ciclo largo (1000 euros): Ganadería Casa Menor SC, de Boimorto (A Coruña), que logrou 41037 litros de leite por hectárea cun DKC 5911, un ciclo 500.

-Ciclo medio (1000 euros): Gandaría Sat XUGA Casa Fernando, de Trazo (A Coruña), que logrou 30679 litros de leite por hectárea cun DKC 4598, un ciclo 400.

-Ciclo curto (1000 euros): Gandaría Alfonsín Neo SC, de Rois (A Coruña), que logrou 28877 litros de leite por hectárea cun DKC 3513, unha variedade de ciclo 300.

Xornada técnica de formación

xornada dekalb 2025 premios 2

Ademais da entrega de premios, a xornada organizada por Dekalb tamén serviu para coñecer as claves para o control das malas herbas en millo, tanto en pre como en post emerxencia. Nacho Tobalina, técnico de Bayer CropScience, foi o encargado de explicar como optimizar o control das adventicias mediante herbicidas, así como facer fronte ao problema da aparición de resistencias, unha problemática cada vez máis relevante, máxime nun contexto europeo de cambios normativos que están a restrinxir o número materias activas así como as doses máximas autorizadas. A continuación, presentáronse as últimas novidades do catálogo de millo de Dekalb para 2025.

A xornada formativa concluíu cunha charla cos representantes de dúas ganderías, Casa Fernando e Rivas Fernández, que están a empregar a ferramenta FieldView, o que lles permite optimizar o cultivo do millo e ter un maior control sobre o manexo de cada parcela.

Fotos das ganderías premiadas: 

dekalb colleita verde 2025 SEGUNDO PREMIO sat lodos dekalb colleita verde 2025 TERCEIRO PREMIO dekalb silo 2025 TERCEIRO PREMIO ganderia MAZARICOS dekalb silo 2025 SEGUNDO PREMIO ganderia farinhas trazo dekalb silo 2025 PRIMEIRO PREMIO SAT CASA MENOR

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *