A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Gandarías premiadas por Dekalb por lograr os mellores rendementos de millo en 2022

BAYER 2023 XORNADA DEKALB SANTIAGODekalb, marca líder en sementes de millo e integrada na multinacional Bayer, celebrou este mércores en Santiago de Compostela unha xornada de entrega dos premios da segunda edición do concurso Dekalb+Silo, que organiza para premiar ás gandarías de vacún de leite que lograron mellores rendementos na campaña 2022.

Uns 50 profesionais do sector, entre gandeiros e técnicos, déronse cita na entrega de premios deste certame, do que Marcial Costoya, Territory Sales Manager de Bayer para a Cornixa Cantábrica, Galicia e León, salientou a súa elevada participación, con 83 gandarías de Galicia, Asturias e Cantabria. As colleitas de millo de 2022 estiveron condicionadas pola forte seca estival, que reduciu os rendementos, polo que estes galardóns teñen se cabe máis valor.

Listaxe de premiados

O concurso Dekalb+Silo ten como obxectivo dar máis valor a lograr un silo de millo de calidade. Estes son os premiados nas dúas categorías nas que se estruturou:

1) En colleita: Premios para as mellores calidades de mostras en verde medido en litros de leite por tonelada  de materia seca de millo forraxeiro logradas:

Primeiro premio (1000 euros): Para a gandería de Juan José Cortizas Blanco. Logrou 1889 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb DKC 4621, , un ciclo 300 de altas produccións.

Segundo premio (600 euros): Gandaría Vila de Santaia SL, de Curtis (A Coruña). Logrou 1863 litros de leite/tonelada de materia seca tamén cun millo Dekalb DKC 4621

Terceiro premio (400 euros): Gandaría Batalla SC, de Rois (A Coruña). Logrou 1860 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb , igualmente coa variedade DKC 4621.

2) En silo:  Premios para as mellores producións medidas en litros de leite por hectárea. Para iso tomouse unha mostra do silo e cubicáronse os silos, expresando o resultado en litros de leite por hectárea logrados polo millo ensilado, premiando ás mellores producións segundo o ciclo de millo.

-Ciclo curto (1000 euros): Gandaría Toxeiro, de Cospeito (Lugo), que logrou 39235 litros de leite por hectárea cun DKC 4071, un ciclo 280.

-Ciclo medio (1000 euros): Gandaría de Pablo Sánchez Arias, de Palas de Rei (Lugo), que logrou 36337 litros de leite por hectárea cun DKC 4598, un híbrido de ciclo 300 de Dekalb.

-Ciclo longo (1000 euros): Gandaría Gasalla, de Frades (A Coruña), que logrou 44245 litros de leite por hectárea cun DKC 5911, unha variedade de ciclo 500 longo.

Xornada técnica de formación

Ademais da entrega de premios, a xornada organizada por Dekalb tamén serviu para coñecer as últimas novidades sobre estudo da dixestibilidade da fibra e do almidón, e o seu impacto na eficiencia na produción en ganderías de vacún de leite, un relatorio que foi impartida por Ángel Ávila, experto consultor para ganderías de vacún de leite.
A continuación, Marcos Garcia e Lorena Pérez, asesores agronómicos de Dekalb para Galicia, presentaron un informe sobre como está a afectar o cambio climático ao cultivo do millo en Galicia, tomando como base os datos meteorolóxicos das estacións de Fontecada (Santa Comba) e Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei). “Os resultados amosan que dende o 2015 necesitamos 7 días menos para a maduración do millo na zona do Xallas e 15 días menos na Terra Chá a consecuencia do incremento das temperaturas, e iso deberíanos levar tamén a facer cambios na elección dos ciclos e nas datas de sementeira e de colleita”, apuntou Marcos García. Pola súa parte, Lorena Pérez, expuso unha serie de estratexias que poden seguir os gandeiros para reducir o impacto do cambio climático na produción de millo forraxeiro.

Por último, Anxo Valiño, responsable do departamento de desenvolvemento de mercado de Bayer para a Cornixa e Castela e León, presentou as últimas novidades do catálogo de millo de Dekalb, así como os beneficios que nos aporta a agricultura de precisión, onde Bayer ofrece de forma gratuíta a súa aplicación FieldView, que nos permite monitorear a evolución dos cultivos de millo a nivel de parcela.

A xornada organizada por Dekalb rematou cunha conferencia de Montserrat Vázquez, delegada comercial de Bayer para Galicia, que explicou as claves para o manexo sustentable de produtos fitosanitarios, especialmente herbicidas, durante o cultivo de millo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *