A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Gandarías premiadas por Dekalb por lograr os mellores rendementos de millo en 2021

Gandarías premiadas por Dekalb por lograr os mellores rendementos de millo en 2021

Algunhas das gandarías premiadas no concurso Dekalb+Silo

Dekalb, marca líder en sementes de millo e integrada na multinacional Bayer, celebrou o pasado mércores en Abegondo (A Coruña), unha xornada de entrega dos premios do concurso Dekalb+Silo, o primeiro que organiza para premiar ás gandarías de vacún de leite que lograron mellores rendementos na campaña 2021.

Uns 60 profesionais déronse cita na entrega de premios deste certame, do que Marcial Costoya, Territory Saes Manager de Bayer para a Cornixa Cantábrica, Galicia e León, salientou a súa elevada participación. “Foi o primeiro ano que o organizamos e participaron 79 gandarías de Galicia, Asturias e Cantabria. Foi todo un éxito e iso anímanos a volver convocalo para este 2022”, avanzou..

Listaxe de premiados

O concurso Dekalb+Silo ten como obxectivo dar máis valor a lograr un silo de millo de calidade. Estes son os premiados nas dúas categorías nas que se estruturou:

1) En colleita: Premios para as mellores calidades de mostras en verde medido en litros de leite por tonelada  de materia seca de millo forraxeiro logradas:

Primeiro premio (1000 euros): Gandaría Armada. Logrou 1886 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb DKC 4621

Segundo premio (600 euros): Gandaría Sat Os Chans. Logrou 1876 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb DKC 5741

Terceiro premio (400 euros): Gandaría SAT El Gorgoyu. Logrou 1871 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb DKC 4071

2) En silo:  Premios para as mellores producións medidas en litros de leite por hectárea. Para iso tomouse unha mostra do silo e cubicáronse os silos, expresando o resultado en litros de leite por hectárea logrados polo millo ensilado, premiando ás mellores producións segundo o ciclo de millo.

-Ciclo curto (1000 euros): Gandaría Tubio Busco SC, que logrou 36807 litros de leite por hectárea cun DKC 3575

-Ciclo medio (1000 euros): Gandaría Iglesias Agra SC, que logrou 36585 litros de leite por hectárea cun DKC 4621

-Ciclo longo (1000 euros): Gandaría Míguez SC, que logrou 39458 litros de leite por hectárea cun DKC 5741

Xornada técnica de formación

Ademais da entrega de premios, a xornada organizada por Dekalb tamén serviu para coñecer as últimas actualizacións dos parámetros utilizados nas analíticas de ensilados de millo e a súa aplicación práctica en vacún de leiteiro, un relatorio que foi impartida por Javier López, responsable técnico de rumiantes de Kemin para o sur de Europa.

A continuación, Pablo Amado, asesor agronómico de Dekalb para a zona centro da provincia da Coruña, presentou os resultados dun estudo sobre utilización de millo en gran húmido realizado en 13 granxas galegas.

Por último, Montserrat Vázquez, delegada comercial de Bayer para Galicia, impartiu unhas claves para o manexo sustentable de produtos fitosanitarios, especialmente herbicidas, durante o cultivo de millo, e Anxo Valiño, responsable do departamento de desenvolvemento de mercado de Bayer para a Cornixa e Castela e León, presentou as últimas novidades do catálogo de millo de Dekalb.

Asistentes á xornada

Asistentes á xornada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *