A gandería Rey de Miñotelo, do municipio lucense da Pastoriza, foi a gran triunfadora do XXVII Concurso Autonómico da Raza Frisoa Fefriga 2018 que se celebrou este sábado no concello coruñés de Santa Comba.
Rey de Miñotelo alzouse non só o título de Vaca Gran Campioa para Rey 642 Yudi Doorman, senón tamén co de mellor criador de Galicia -en segundo lugar quedou gandaría Pozo, de Lugo- e co de Xovenca Gran Campioa, para REY 760 ZYNA HIGH OCTANE, entre outros galardóns.
O certame Raza Frisoa Fefriga 2018 congregou a numeroso público no recinto feiral de Santa Comba, e continuará mañá co certame de manexadores e a entrega das distincións honoríficas de FEFRIGA.
Fotos do XXVII Concurso Autonómico da Raza Frisoa Fefriga 2018
Vaca Gran Campioa: Rei 642 Yudi Doorman, de Gandaría Rei de Miñotelo, Lugo:
Vaca Gran Campioa Reserva: Manteiga Shootle Luna, de Ganadería Manteiga (Vila de Cruces):
Mellor Criador: Gandaría Rei de Miñotelo (A Pastoriza):
Segundo Mellor Criador: Gandaría Pozo (Lugo):