A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A gama Fertimón Tech en viñedo, ferramentas para todas as necesidades

Soaga desenvolveu unha liña de biofunxicidas e bioestimulantes para viña, complementaria ao emprego de produtos fitosanitarios

Publicidade
A gama Fertimón Tech en viñedo, ferramentas para todas as necesidades

Atopámonos no inicio da campaña de viñedo e o ataque de enfermidades fúnxicas (sobre todo de mildiu) e das pragas típicas de cada zona, é inminente. Será preciso, por tanto, valorar que produtos fitosanitarios imos necesitar para a campaña.

Pero a día de hoxe está asumido que non podemos depender só de fitosanitarios convencionais. O uso de biofunxicidas e de bioestimulantes axudará á prevención de resistencias e á eficacia dos tratamentos. Expoñemos a continuación unha serie de produtos da gama Fertimón Tech desenvolvidos para fortalecer o viñedo e alternar con fitosanitarios, case todos aptos para agricultura ecolóxica.

• SOY: biofunxicida para o control de mildiu, formulado a base de lecitina de soia. Actúa de dous xeitos, por unha banda elimina a humidade superficial das follas grazas ás súas propiedades físico-químicas lipofílicas. Doutra banda, a súa composición 100% natural estimula a planta, activando as súas defensas naturais e fortalecendo as paredes celulares. Período de seguridade de 30 días.

• BICARB: funxicida de contacto preventivo e curativo contra oídio. Forma unha capa protectora sobre a superficie foliar que provoca o colapso osmótico das células fúnxicas, á vez que evita a instalación de novas esporas a través da alteración do pH. Compatible con fitosanitarios a base de xofre. A diferenza destes, é eficaz a altas temperaturas, xa que non provoca fitotoxicidade. Período de seguridade de 1 día.

• STALION: extracto de ‘Equisetum arvense’ (cola de cabalo) pensado como complemento aos tratamentos funxicidas. A UE certificou que esta planta tan versátil ten un efecto xeneralista mediante a inhibición de esporas de fungos e mediante un efecto secante. Sen período de seguridade.

• SANO: bioestimulante a base de clorhidrato de quitosano. Presenta unha función promotora das defensas naturais. É común usalo tras a poda para acelerar a cicatrización e evitar o ataque de yesca. Nós recomendamos aplicalo tras poda ou en prevención contra botrite e black-rot. Sen período de seguridade.

Plan de tratamento de viñedo en Galicia.

Plan de tratamento de viñedo en Galicia.

Abonos foliares para nutrir e fortalecer

• FORTABROT: tal e como indica o seu nome, este produto fortalece os vasos condutores da planta, impulsando a brotación e a floración. En exemplares con enfermidades da madeira axuda notablemente a manter o fluxo do zume. Trátase dun abono líquido a base de micronutrientes complexados con lignosulfonatos.

• ECLIPSE: fertilizante enriquecido con ácidos carboxílicos, aminoácidos e algas co obxectivo de estimular as defensas naturais da plantas. Posúe unha elevada sistemia que lle permite estimular a planta fronte a enfermidades endóxenas, como o mildiu.

• GLADIUS: suspensión concentrada de nanopartículas de xofre e magnesio. Achega verdor á planta á vez que a protexe contra ataques de oídio. A súa formulación e tamaño de partícula permite un óptimo recubrimento foliar a baixas doses.

• LIGNO MZ: abono líquido con manganeso e zinc que corrixe carencias. Recomendamos aplicalo conxuntamente cos tratamentos contra mildiu, xa que o seu excelente sistemia aumenta a eficacia e durabilidade dos produtos fitosanitarios. Ademais, estudouse que estes elementos inhiben encimas dos fungos.

• MILDCU: a diferenza doutros cobres que poden causar fitotoxicidades e parada vexetativa, Mildcu xera un efecto moi suave na viña. Neste caso o cobre está complexado con moléculas orgánicas de orixe vexetal que provocan unha resposta positiva e inmediata na planta, tanto por absorción foliar como radicular.

• VITALMINO: aminoácidos de orixe animal puros, sen mesturas nin aditivos. Son unha potente ferramenta para aumentar a resistencia á tensión abiótica e para facilitar a síntese de proteínas. A recomendación é aplicalo cando se prevexan xeadas, saraiba ou temporal adversa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información