Atopámonos na primeira fase da campaña do viñedo e para a súa defensa contra enfermidades fúnxicas e pragas, debemos incorporar novidades ao noso esquema de tratamentos convencionais. É preciso introducir formulados que nos permitan alternar mecanismos de acción, sen perder eficacia no control das enfermidades.
Neste contexto, o uso de biofunxicidas e bioestimulantes garante a prevención de resistencias e mellora a eficacia de fitosanitarios tradicionais.
Expoñemos a continuación unha serie de produtos desenvolvidos na gama Fertimón Tech, pensados para fortalecer o viñedo, alternar con tratamentos fitosanitarios e aptos para agricultura ecolóxica.
- Soy: Biofunxicida para control de mildeu. Está formulado a base de lecitina de soia de uso alimentario e non modificada xeneticamente (única no mercado).
A súa formulación como emulsión acuosa (EW) faina máis insoluble que unha suspensión concentrada (SC), multiplicando o seu efecto secante.
Está sometida a un proceso de bioestabilización que mantén as súas propiedades intactas ao longo do tempo.
- Bicarb: funxicida de contacto preventivo e curativo contra oídio. Forma unha capa protectora sobre a superficie foliar que provoca o colapso osmótico das células fúnxicas, á vez que evita a instalación de novas esporas a través da alteración do pH. Compatible con fitosanitarios a base de xofre. A diferenza destes, é eficaz a altas temperaturas, xa que non provoca fitotoxicidade. Período de seguridade de 1 día.
- Stalion: Biofunxicida para control de mlldeu formulado a base de equisetum arvense (cola de cabalo).
Ten un efecto secante e antiesporulante certificado pola Unión Europea.
Sen risco de xerar resistencias, pódese aplicar só ou en combinación con fitosanitarios convencionais. Sen prazo de seguridade.
- Sano: Bioestimulante a base de clorhidrato de quitosano. Presenta unha función promotora das defensas naturais da planta. Efecto certificado bactericida e funxicida no control de iesca, Black rot e botrite.
Bioestabilizado, as súas propiedades non se alteran no tempo. Sen prazo de seguridade.
- Mildcu: Cobre sistémico complexado con moléculas orgánicas de orixe vexetal que provocan unha resposta positiva e inmediata na planta, tanto por vía foliar como radicular.
Non provoca fitotoxicidades nin parada vexetativa.
- Fortabrot: bioestimulante líquido a base de micronutrientes complexados con lignosulfonatos. Precursor das defensas naturais da planta, “efecto vacuna“.
Así mesmo, actúa como activador metabólico impulsando a brotación, floración e movemento do zume polo seu movemento sistémico.
- Ligno MZ: abono líquido con manganeso e zinc que corrixe carencias, mellora a polinización, o calibre e a coloración. Recomendamos aplicalo conxuntamente cos tratamentos contra mildeu, xa que a súa excelente sistemia aumenta a eficacia e durabilidade dos produtos fitosanitarios. Ademais, estudouse que estes elementos inhiben encimas dos fungos.
- Vitalmino: complexo a base aminoácidos de cadea curta (péptidos) en alta concentración (53%). É unha potente ferramenta para paliar efectos de estrés, tanto bióticos como abióticos, grazas á súa alta porcentaxe en glicina.
Estimula e mellora a brotación, floración e callado de froitos. Compatible en mestura con fitosanitarios.
Todos os produtos descritos contan con certificación para o seu uso en agricultura ecolóxica.